SciELO - Scientific Electronic Library Online

 
vol.29 número1A nova ortografia tem 25 anosSpoken Corpus Linguistics: From Monomodal To Multimodal índice de autoresíndice de materiabúsqueda de artículos
Home Pagelista alfabética de revistas  

Servicios Personalizados

Revista

Articulo

Indicadores

Links relacionados

  • No hay articulos similaresSimilares en SciELO

Compartir


Revista Diacrítica

versión impresa ISSN 0807-8967

Diacrítica vol.29 no.1 Braga  2015

 

IN MEMORIAM

Edición e comentario de catro documentos do mosteiro de Montederramo (Ourense)

Publication and commentary of four documents from the monastery of Montederramo (Ourense)

 

Ramón Lorenzo*

*Universidade de Santiago de Compostela, Espanha.

ramon.lorenzo@usc.es

 

RESUMO

Edição e comentário grafemático e linguístico de quatro documentos do mosteiro de Montederramo (Ourense, Galiza), um deles dos últimos anos do século XIII e tres da primeira metade do século XIV.

Palavras-chave: edição de textos, paleografia, gramática histórica.

 

ABSTRACT

Publication and graphematic and linguistic commentary of four documents from the monastery of Montederramo (Ourense, Galicia). One document comes from late thirteenth century and the other three from the first half of the fourteenth century.

Keywords: publication of texts, paleography, historical grammar.

 

0. Para esta publicación en lembranza do profesor José Azevedo Ferreira decidín escoller catro documentos do mosteiro de Montederramo e publicalos acompañados dun comentario lingũístico. Do mosteiro cisterciense de Montederramo, situado na freguesía de Santa María de Montederramo, provincia e diocese de Ourense, consérvase unha ampla documentación medieval, da que cónpre salientar a existencia de numerosos documentos escritos en galego. O máis xeral é que os documentos conteñan foros feitos polo mosteiro ou doazóns recibidas de toda clase de persoas. Tamén hai cartas reais, testamentos, preitos do mosteiro con outros mosteiros ou con nobres, subforos feitos entre particulares, etc. Xunto a todo isto atopamos algúns documentos que nos interesan especialmente, porque se separan da monotonía habitual e presentan un contido máis impactante. Destes escollín os catro que publico, todos moi diferentes entre si.

1. O primeiro documento foi escrito o 14 de marzo de 1296 en Monterrei (Ourense) e preséntanos un feito que tamén se podería dar nos momentos actuais: un preso que desaparece da prisión, porque o deixaron fuxir ou porque el mesmo foi quen de eludir a vixilancia do que o gardaba. O pergamiño consérvase no Arquivo Histórico Nacional de Madrid (na Sección de Clero, carpeta 1488, documento nº 8). É o seguinte.

Era de mill et CCC et XXXIIIJ anos et XIIIJ dias de março. Saban quantos esta carta uiren como en presença de mjn, /2 Martín André, scriuán jurado de mao de Migel Eanes, público notario jurado del rrey en Monte Rrey et en seu alffoz et en Val /3 de Laça, et das testimoyas que aquí sun scritas, Martín Paez, juyz, disso ffrontando que eeste dia pela manaa que se ffuy a Queru/4gaes podar sas uinas con seus amigos, et leyxou André preso na prigón do conçello en poder de Pero Eanes, andador, /5 que o auia de gardar. Et eeste dia messmo chegou este Martín Paez ao serao, ya noyte, et non achou este André na prigón /6 et diz que non sabe quen xo posso ffora da prigón, et assý diz que a culpa non est sua. Et entón ffuy aa prigón do conçello et non/7no achou y et Hermigo Stéueez, juyç, disso que aquel André non o deu nen o mandou soltar, mais diz que o /8 andador a que o deron a gardar que dé del rrecado. Et desto en como pasou, scriuán sobredito, perante mjn pidiu /9 Martín Paez esta ffronta, et eu deyla de meu offiçio. Testimoyas: Migel Martiiz, Ffernán Garganta, Garçia Pérez, Migel Meéndez; Martín, andador; /10 Pero de Paaços; Pero Paez, home de Migel Martiiz. Et eu, Martín André, escriuán ssobredito, en mia presença esta carta /11 ffiz escriuir et eela ffiz meu ssigno, que tal éste /SIGNO/.

1.1. Na liña 5 messmo está corrixido e escrito sobre outra palabra. Véxase para Paez 3, 5, 9, 10 o § 5.2 e para mill 1 o § 5.3.

2. O segundo documento leva a data do 11 de abril de 1315 e inclúe dous documentos feitos un ano antes, un deles o 16 de maio de 1314 e outro o 5 de abril. Escollino porque, igual que o anterior, ten un contido que podería ocorrer nos nosos días: unha persoa que pide diñeiro prestado e despois non o pode devolver, polo que perde tódolos bens que posúe. A única diferenza é que nos momentos actuais sería unha entidade bancaria a que cometería a falcatruada e nos inicios do século XIV foi un prestamista xudeu que vivía en Monterrei (Ourense). O pergamiño, como o anterior, consérvase no Arquivo Histórico Nacional de Madrid (na Sección de Clero, carpeta 1491, documento nº 4) e di así:

Era de mill et CCC et çinquaenta et tres anos, onze dias d'abril. Conusçuda? coussa sseya como /2 perante mjn, Martín Ffernández, juyz del rrey en Limja et juyz en Monte Rrey entre os crischãos et os /3 judeus, don Jacob, judeu, morador en Monte Rrey, genrro de don Elias, mostrou dous prazos. Et era /4 vn deles ffeyto en tal tenor:

“Era de mill et CCC et çinquaenta et dous anos, vinte et sseys dias de /5 mayo. Conusçuda coussa sseya como eu, Maçia Martiis de Tamágõos, yrmão de ffrey Domjngo, outorgo et coños/6co que deuo a uós, don Jacob, genrro de don Elias, de Monte Rrey, ou a quen este prazo por uós mostrar, vinte /7 et çinco morauidís de dineiros nouos portugeeses, de que contan dez et sseys par tres morauidís, que de uós rreçebj en dineiros ffeitos, /8 ssen vssura njnhũa. Et outorgo per todos meus bẽes de uos pagar estes vinte et çinco morauidís ssobreditos et hun /9 quarteiro de çenteo ata dia de Ssanta Maria d'agosto primeiro que ven, so pẽa de tres ssoldos cada dia, quantos dias passa/10ren delo prazo en deante. Et sse uos a este prazo non pagar, douuos poder delo prazo en deante que tomedes tantas /11 de mjas peñoras mortas et viuas, huquer que as achedes, et as vendades ssen cõomja njnhũa ata que sseyades /12 entregue tanbén da pẽa como do cabo et dízima, sse a y ouuer. Et pera esto rrenu[n]ço carta de rrey et de /13 rreýna et de jnffante et o Quaderno et tódolos outros dereitos que por mjn ey ou podria auer, tanbén en juyzo /14 como ffora del, que njnhũa coussa me non valla ssenón pagaruos. Testemuyas: Martín do Viño de Monte Rrey, Ffernán /15 Mouro et Migell Domíngez de Nuzedo, Padrón Eanes; Ffernán Domíngez, escriuán, et outros. Et eu, Durán Ffernandes, notario, puge a/16quí meu ssigno, que tal éste, per hũa nota que jaz no meu rregistro”.

Jtem mostrou outro prazo ffeito en tal tenor: /

17“Era de mill et CCC et çinquaenta et dous anos, çinco dias d'abril. Como eu, Maçia Martiis de Tamágõos, yrmão /18 de ffrey Domjngo Fferro, outorgo et coñosco que deuo a uós, don Jacob, genrro de don Elias, ou a quen este prazo por uós /19 mostrar, quarenta et çinco morauidís de dineiros nouos portugeeses, d'oyto en ssoldo o morauidí, que de uós rreçebj en dineiros ffeytos, /20 ssen vssura njnhũa. Et outorgo per todos meus bẽes de uos pagar estes quarenta et çinco morauidís ssobreditos ata /21 caendas ssetenbras primeiras que vẽeen, sso pẽa de quatro ssoldos cada dia, quantos dias passaren delo prazo en deante. Et /22 douuos poder delo prazo en deante que tomedes tantas de mjas peñoras mortas et viuas, huquer que as /23 achedes, et as vendades ssen cõomja njnhũa ata que sseyades entrego tanbén da pẽa como do cabo et dízima, /24 sse a y ouuer. Et pera esto rrenunço carta de rrey et de rreýña et de jnffante et o Quaderno et tódolos outros /25 dereitos que por mjn ey, tanbén en juyzo como ffora del, que njnhua coussa me non valla ssenón pagaruos. /26 Testemuyas: Johán Martiis, Johán Cariyo, Pero Montourís, omes de Martín Ffernandes; Johán Peres, fferreiro; Lourenzo Fforneiro, Lourenço Dominges et outros. /27 Et eu, Pero Padrón, que esta carta escriuj en lugar de Martín André, notario, et a todo ffoý pressente. Signo de /28 Martín André, notario”.

Os quaes ssetenta morauidís montan, a quatro por tres, nouenta et tres morauidís et terça et vn quarteiro /29 de çenteo, et posséronno todo en çent morauidís conlos dineiros et dez morauidís de dízima. Et este don Jacob, /30 judeu, pedio a este Martín Ffernandes, juys, que lle ffezesse auer o sseu. Et o dito juys disso que enviara enprazar /31 ao dito Maçia Martiis et non quisso vijr, et mandoulle vender o que auja per Rrodrigo, pregoeiro do conçello de /32 Monte Rrey, et que os trouxesse ao leylán, como manda fforo et dereito. Et o pregoeiro, estando pressente, disso /33 que non achara quen desse por estes bẽes de Maçia Martiis mays de ssetenta et çinco morauidís de portugeeses, da /34 oyto en ssoldo, pero que os trouxera ao leylán, et ora que vẽo ffrey Domjngo et deu por estes bẽes çent /35 et çinco morauidís de portugeeses, d'oyto en ssoldo, ao dito judeu. Et eu, juyz ssobredito, veendo os ditos prazos et a /36 conffessón do dito pregoeiro, et veendo como este ffrey Domjngo era yrmão do dito Maçia Martiis et auja /37 d'auer o sseu por dereito preço ante ca outren, mandey per sse[n]tença de juyzo que o dito ffrey Domjngo /38 aya os ditos bẽes et herdamentos que o dito Maçia Martiis auja en Tamágõos et en sseu térmjño, que non /39 achou o pregoeiro quen tanto desse nen mays. Testemuyas: Martín do Viño, Affonso de Gaança, Martín Carro, Pero Espiga, Johán /40 Aluelo, carniçeiro; Johán Rruujo, andador; Saluador Martiis de Tamágõos et outros. Et eu, Martín André, notario del rrey /41 en Monte Rrey por Affonso Eanes et en Val de Laça, que esta carta en mia presenca ffiz escriuir et /42 eela ffiz meu signo, que tal éste /SIGNO/.

2.1. Lense mal as palabras juyzo 13, sseu 38 e conusçuda 1, que debe ser a forma correcta, pois está así na liña 5. Véxase para rrenu[n]co 12 e sse[n]tença 37 o § 5.1, para Ffernández 2, Ffernandes 15, 26, 30, Ffernán 15, Eanes 15 e caendas 21 o § 5.2 e para como 1, 5, 14, 17, 23, 25, 32, 36, mill 1, 4, 17, CCC 1, 4, achedes 11, achou 39, tenor 16, ssigno 16, signo 27 e çent 29, 34 o § 5.3.

3. O terceiro documento é do 28 de xaneiro de 1333 e inclúe o traslado doutro documento feito o 17 de setembro de 1332. Este texto móstranos como un xastre, estando preso e condenado a morte en Monterrei, déixalle todo o que posúe ao mosteiro de Montederramo. O pergamiño, como os anteriores, consérvase no Arquivo Histórico Nacional de Madrid (na Sección de Clero, carpeta 1493, documento nº 6) e di así:

“Era de mill et trezentos et sseteenta anos, quintaffeyra, dez et ssete dias de ssetenbro. /2 En presença de mjn, Durán Ffernandes, notario público del rrey en Monte Rrey, Johán /3 de Naue, alffayate desta meesma villa, estando en geonlos, preso con hũa /4 cadẽa na garganta et huus fferros nos pees, ante Johán Beya, alcayde /5 de Monte Rrey por Rroý Paez de Bema, que o queria yr justiçar et /6 matar, a esta ora o dito Johán de Naue disso que ffazia ssua manda /7 et que leyxaua o que avia todo ao moesteyro de Santa Maria de Monte de /8 Rramo et que mandaua ssupultar sseu corpo no dito moesteyro, et man/9dou que o leuassen aló a ssupultar. Testimoyas: Johán Beya, alcayde; Ffernán /10 Rrodrígez; Domjngo Peres, notario; Domjngo Ffernandes, clérigo; Affonso Áluares; /11 Migeel Martiis, clérigo, moradores en Monte Rrey; Durán de Gondulffes. /12 Esto ffoy na villa de Monte Rrey, a par da torre que está hu este/13uo a alcaçaua. Eu, Durán Ffernandes, notario ssobredito, que esta carta /14 escriuý a pidimento de don ffrey Gonçaluo, abbade de Monte de Rramo, /15 et per mandado do dito Johán de Naue, et en ella ffiz meu ssino, que tal he”. /

16Testimoyas que fforon pressentes et viron o dito testamento: Estéuõo Peres, morador ena Rrua /17 (Rrua) Noua; Johán da Costa, moradores (sic) eno Burgo; Lopo Peres Parella; Domjngo Peres de Vi/18llariño, tauerneyro de Junqueyra d'Espadañedo. Ffeyto ffoy este tralado /19 XXVIIJ dias de janeyro, era de mill et CCC et ssetenta et hun ano. /20 Et eu, Johán Peres, notario de Caldellas en lugar de Diego Gomes, /21 notario público del rrey en Caldellas, que vi et ly o dito testamento et aquí o ffijs /22 traladar et este ssigno ssemelláuile do dito notario y ffijs, que tal [é] /SIGNO/.

3.1. Este documento publicouno Maia (1986: 155), con bastantes erros. Así, le falsamente “queriã” en lugar de “queria” 5, “Villarjño” en lugar de “Villariño” 17-18, “d'Espadanedo” en lugar de “d'Espadañedo” 18, “traSlado” en lugar de “tralado” 18, “notariu” en lugar de “notario” 20, “asy fijσ traSladu” en lugar de “aqui o ffijs traladar” 21-22, “é” en lugar de “[é]” 22, “Martinσ”, coma se fose portugués moderno, en lugar de “Martiis” 11 (ou con nasal “Martĩis”), e le á latina “testes” o que debe lerse “testimoyas” 16 ou outra variante semellante. Ademais, interpreta como z o que para min é un s en “Aluarez” por “Áluares” 10, “Gondulfez” por “Gondulffes” 11, “Fernandez” por “Ffernandes” 13 e “Perez” por “Peres” 16 e considera que só hai un f cando temos claramente ff nas palabras “quinta feyra” 1, “Fernandeσ” 2, 10, “alfayate” 3, “ferros” 4, “fazia” 6, “Fernã” 9, “Afonso” 10, “Gondulfez” 11, “foy” 12, 18, “Fernandez” 13, “frey” 14, “fiz” 15, “forõ” 16, “feyto” 18 e “fijσ” 21, 22. En contra disto considera sempre que hai ss, salvo en “signo semellauel” 22, onde tamén temos dous.

3.2. Véxase para [é] 22 o § 5.1, para Ffernandes 2, 10, 13 o § 5.2 e para mill 1, 19, anos 1, Burgo 17, ano 19, público 21 e ffijs 22 o § 5.3.

4. O cuarto documento foi feito o 27 de xullo de 1318 na catedral de San Martiño de Ourense e contén unha sentenza sobre o preito que había entre o mosteiro de Montederramo e o de Torbeo polo cumprimento do testamento de dona Inés, muller de Pedro Vázquez de Caldelas. É un documento xurídico de máis entidade ca os precedentes e mostra a cobiza dos mosteiros por facerse con bens alleos, así como a barbaridade de que o xuíz ditamine que desenterren o cadáver sepultado nun mosteiro para levalo a enterrar ao outro. O pergamiño tamén se conserva no Arquivo Histórico Nacional de Madrid (na Sección de Clero, carpeta 1492, documento nº 1) e presenta o seguinte contido:

Sábeam quantos esta carta virem como ante Affonso Uiuiãez, dobreyro et vigario geeral do onrrado padre et sseñor dom Gonçaluo, pela graça de Deus bispo /2 d'Ourense, aa sazom parecerom en juyso ffrey Ffernando, monge et procurador de dom ffrey Johán, abbade, et do conuento do moesteyro de Monte de Rramo, da hũa parte, et /3 Pero Gonçáluez, abbade do moesteyro de Torueo, da outra. Et o dito frey Ffernando, en nome dos ssobreditos abbade et conuento do moesteyro de Monte de Rramo, disso et /4 proposo contra o dito Pedro Gonçalues, abbade de Torueo, que, como dona Jnés, moller que ffoy de Pero Uaasques de Caldelas, jasendo doente daquela door que se finou, ffesera /5 sseu testamento per Johán de Rrauãal, notario de Caldelas, no qual mandara ssuterrar seu corpo no moesteyro de Monte de Rramo, no qual moesteyro jasiam ssu/6terrados dom Lopo Affonso et dona Tereyia Áluarez, padre et madre, et dona Tereyia Uaasques, auoa da dita dona Eynés, et mandara y consigo herdamentos /7 et panos et dineyros et hũa mua; et o testamento feyto, que a dita dona Jnés contra sua uoentade et contra dereito fora endusuda pelo dito Pedro Gonçalues, abbade de Tor/8ueo, ou per outre de sseu consello, en guysa que rreuogara o dito testamento et mandárase ssuterrar no dito moesteyro de Torueo, et mandara y conssigo aquelas /9 cousas que auya mandadas ao dito moesteyro de Monte de Rramo; o qual enduzemento et rreuogamento dizia que o dito Pedro Gonçalues, abbade de Tor/10ueo, outorgara et ouuera por firme sigundo pareçia, porque depoys, quando ela dissera et rrogara ao dito Pedro Uaasques, seu marido, en presença do dito Pedro Gonçalues, /11 abbade, et doutras tistimoyas, por Deus que a leyxasse suterrar en Monte de Rramo, et o dito abbade de Torueo disera logo essa ora aa dita dona Eynés /12 que auya mayor dereito de sse suterrar no moesteyro de Torueo, porque tijna én casares que lle el dera; et sse se y non mandasse, que lle /13 non dariam outros et depoys que ffaria gram torto a Torueo se se y non ssuterrase; et depoys que a dita dona Eynés rreuogara o dito testamento, sigundo /14 dito é, que sse ar mandara aa pustremeyra uoentade a ssupultura no dito moesteyro de Monte de Rramo, u se mandara da primeyra. Et essa dona /15 Eynés finada, que dom abbade de Monte de Rramo enuyou sseus monges et depoys foy el por ela, que a adusesse a Monte de Rramo; et o dito /16 Pedro Gonçalues, abbade de Torueo, non lla quiso dar nen leyxar aduzer para (o) Monte de Rramo, ssigundo ela mandara et fora ssua voentade; et que o /17 dito abbade de Monte de Rramo fora a Torueo et disera et deffendera ao dito Pedro Gonçalues, abade, que non rreçebese a dita dona Eynés en essa /18 jgleia nenna ssuterrase no dito seu moesteyro de Torueo, poys se ela mandara a Monte de Ramo; et que o sobredito abbade de Torueo, auendo firm(i)e /19 o enduzemento que ffora feyto aa dita dona Jnés contra dereito et contra deffendemento do abbade de Monte de Rramo et contra voentade da dita do/20na Eynés, rreçebeo esa dona Eynés na jgleia do moesteyro de Torueo; et que ese abbade de Torueo et seus clérigos, jndo con ela aa /21 jgleia depoys suterrárona, et jazia ssuterrada enno dito moesteyro de Torueo. Et pidio ao vigario que mandase per sentença ao dito /22 abbade de Torueo que entregase o corpo da dita dona Ynés, con tódalas cousas que rreçebeo por rrazom de sa sopultura, ao abbade et ao con/23uento de Monte de Rramo, sigundo o dereito manda; et de parte do dito abbade de Torueo foy negada a pitiçom do abbade et conuento de /24 Monte de Ramo. Et rrecebudo juramento d'ánbalas partes, juramento de calupnya et de dizer uerdade como o dereito manda, o dito frey Ffernando deu suas /25 pitições et o sobredito abbade de Torueo rrespondeo a elas. Et o dito frey Ffernando obrigo[u]sse a prouar quanto abastasse a entençom do abbade et conuento /26 de Monte de Rramo. Et o dito vigario asignoulles aquelas produções que deuya a auer de dereito, nas quaes de parte do abbade et conuen/27to de Monte de Rramo forom dadas aquelas tistimoyas per que entenderom a prouar sua entençom. Et as tistimoyas rreçebudas et pobricadas et exçepções /28 et rrazões postas contra elas, depoys desto pareçerom as partes en juyso ante dom Pedro Uaasques, arçidiago de Búual et vigario /29 geeral aa ssazom na jgleia d'Ourense, vagando a ssee. Et depoys de moytas rrasões que forom ant'el ditas et alegadas da hũa /30 parte et da outra, estando asý o preito, ánbalas partes pareçerom en juyso ante dom Pedro de Barreyros, chantre et vigario geeral do /31 onrrado padre et sseñor dom Gonçaluo, pela graça de Deus bispo d'Ourense. Et o dito frey Ffernando rrazoou que, pelos ditos das /32 suas tistimoyas et pelas co[n]ffesões que o dito Pedro Gonçalues, abbade de Torueo, ffesera aas suas posições, era bem prouada a entençom do abbade /33 et do conuento do moesteyro de Monte de Rramo, et pidio ao vigario que lle julgase as cousas que pidia en sua pitiçom /34 et lle condanase a outra parte nas cust as dereitas. Et de parte do dito Pedro Gonçalues, abbade de Torueo, foy dito et rrasõado que os ditos /35 abbade et conuento de Monte de Rramo non prouaram sua entençom et pidio ao vigario que llo julgasse asý per sentença et llos /36 condanase nas custas dereitas. Et depoys de moytas rrasões que forom ditas et alegadas da hũa parte et da outra, ánbalas partes /37 concluyrom ffinalmente et pidirom sentença. Et porque o chantre, vigario sobredito, era enbargado doutros ffeytos et negoços grandes, en /38 guysa que non podia agora liurar este ffeyto tam grande, de praser das partes cometeo este preito con todas suas perteenças et eçesorios a mjn, /39 Garçia Martiis, cóengo d'Ourense, que visse et exsaminase o proçeso do prei­to et o liurasse per sentença como achasse por dereito. Et mandou /40 aas partes que pareçesem ante mjn, o dito Garçia Martiis, oýr sentença en este preito a termjo çerto que lles foy assignado; no qual Rroý /41 Peres, çapateyro, procurador dos ditos abbade et conuento de Monte de Rramo, et Lourenço Dominges, procurador do dito Pedro Gonçalues, abbade de /42 Torueo, pareçerom ante mjn en juyzo et pidíronme que rreçebese en mjn este preito, sigundo que mo o chantre, vigario sobredito, cometera, /57 que visse et exsaminase o proçeso et desse aquela sentença que en/58tendese de dereito. Et eu rreçebj en mjn este preito, ssigundo que mo o dito chantres cometera, /42 et /43 asigney termjo aas partes en que vẽessem ante mjn oýr sentença; no (o)qual termjo Rrodrigo Peres et Lourenço Dominges, procuradores sobreditos, pareçerom ante /44 mjn en juyzo et pidirom sentença. Et eu, o sobredito Garçia Martiis, cóengo d'Ourense, juys delegado en este preito dado per dom Pedro de /45 Barreyros, chantre et vigario sobredito, visa et exsamjnada a pitiçom do abbade et do conuento de Monte de Rramo et a rrespos/46ta do dito abbade de Torueo, o preito co[n]testado et dado juramento de calupnia “seu de ueritate dicenda” de cada hũa das partes, et dadas /47 posições et a elas feytas rresponsões, et as tistimoyas dadas et os ditos delas pobricados en presença d'ánbalas partes et rrasõado contra /48 elas, depoys de moytas rrazões que forom ditas et alegadas, o preito concluso per ánbalas partes, viso o processo et exsamjnado, auudo con/49ssello con ómẽes bõos et leterados, dia assignado para oýr sentença, seendo en lugar de julgar, chamado o nome de Jesu Cristo, as /50 partes presentes et ssentença demandantes, julgando pronunçio este escripto et mando per sentença a Pedro Gonçalues, abbade de Torueo, seu a Lourenço Dominges, /51 seu procurador, en nome del, que entregue o corpo da dita dona Eynés, con tódalas cousas que reçebeo por rrasom da supultura do dito /52 corpo, ao abbade et ao conuento de Monte de Rramo, ssigundo que o dereito manda. Et a pi[ti]çom da parte condano nas custas dereitas o /53 dito abbade de Torueo, seu o dito Lourenço Dominges, seu procurador, en nome del, et reseruo a tayxaçom delas en mjn para despoys. Dada foy /54 esta sentença en Ourense, na jgleia de Ssam Martino, XXVIJe dias de jullo, era de mill et CCC LVJ anos. Tistimoyas que a /55 esto, chamadas et rrogadas, presentes forom: Martín Dominges, Gonçaluo Peres, dito Tostado, clérigos do coro da jgleia d'Ourense; Martín Dominges, yrmão d'A/56ffonso Viuiaez, cóengo dese lugar; Pedro Eanes, dito das Pias, mercador; Pedro Eanes, alfayate da Corredoyra, moradores en Ourense; Domingo /57 Paes, natural de Lugo, ome de dom Gonçaluo Núnez, esleyto de Lugo. /58 Et eu, Affonso Eanes, notario jurado en Ourense pola /59 ygleia desse lugar, que a esta sentença foý chamado et presente et en mjna presença a ffige toda escriuir de verbo a uerbo et meu sinal y puge en tistimoyo de /60 uerdade, que atal éste. /61 Et por que esta ssentença seia mays [firme], eu, Garçia Martiis, juys sobredito, puge aquí meu seelo en tistimuyo de uerdade /SIGNO e SELO/.

4.1. No dorso está escrito: “Sentença que foy dada en como dona Eynés, moller de Pero Vaasques de Caldelas, mandou supultar seu corpo enno moesteyro de Monte de Rramo et enno qual moesteyro jazian soterrados / don Lopo Afonso et dona Tereyia Áluares, padre et madre de dona Tereyia Vaasques, auóaa da dita dona Eynés”.

4.2. Despois da liña 42 pasa a numeración a 57, 58 e logo outra vez á 42 para seguir coa numeración correcta. Débese isto a que o escribán esqueceu o texto que vai desde “que visse” ata “cometera”, puxo unha chamada e engadiu o texto esquecido nunha parte desas liñas 57 e 58. Ademais, en outorgara 10 or está escrito sobre a liña. Véxase para obrigo[u]sse 25, co[n]ffesões 32, co[n]testado 46, pi[ti]çom 52 e [firme] 61 o § 5.1, para Uaasques 4, 6, 10, 28, Paes 57 e Jesu Cristo 49 o § 5.2 e para como 1, 4, 24, 39 (e no dorso), nome 3, dona 4, 6(2), 7, 11, 13, 14, 17, 19, 20, 22, 51 (e no dorso), panos 7, mua 7, na 20, negoços 37, seendo 49, este 50, mill 54, anos 54 e Caldelas (no dorso) o § 5.3.

5. Comentario referente á transcrición dos documentos.

5.1. Como norma xeral para todos os documentos, debo indicar que desenvolvo sempre as abreviaturas e poño o engadido en itálico. Así, temos no 1º documento “notario jurado” 2, “testimoyas”3, 9, “con” 4, “Ffernán” 9, “Garçia” 9, “Martiiz” 9, 10, etc. No 2º “morauidís” 7, 19, 20, 28, 29, 33, 35, “portugeeses” 7, 19, 33, 35, “ssoldo” 19, 34, 35, “Lourenzo” 26, “Dominges” 26, “Saluador” 40, etc. No 3º “notario” 2, 10, 13, 21, 22, “testimoyas” 9, 16, “Peres” 16, 17, etc. e no 4º “Ffernando” 2, 3, 24, 25, 31, “dineyros” 7, “contra” 19, “Lourenço” 41, 43, 50, 53, etc. No 4º tamén leo “Viuiaez” 56, porque considero que se trata dunha abreviatura o que está escrito viuiāz (na liña 1 está Uiuiãez. Cf. Lorenzo, 2004: 455), e desenvolvo a abreviatura como “Uaasques” 4, 6, 10, 28, porque no dorso aparece dúas veces Vaasques. Só cando está escrito o signo tironiano para a preposición e, leo “et” sen poñelo en itálico. Tampouco indico os casos que levan un sinal sobre o y (ý, etc.) ou sobre dúas vogais en hiato (manaa 3 no 1º, non *manáá, etc.), que ás veces se converte nun trazo ondulado que cobre as vogais. Ademais, cando falta algunha letra, sílaba ou palabra engádoas entre corchetes: rrenu[n]co 12 (cf. rrenunço 24), sse[n]tença 37 (no 2º), [é] 22 (no 3º), obrigo[u]sse 25, co[n]ffesões 32, co[n]testado 46, pi[ti]çom 52 e [firme] 61 (no 4º).

5.2. Nos textos medievais é moi frecuente a presenza de abreviaturas desaxustadas, case sempre por tendencia latinizante, especialmente nos nomes. Cando isto ocorre desenvólvoas pola forma galega correspondente, tal como aparece cando está escrita a palabra completa (cf. Lorenzo, 2004: 456-458). Así, no 1º transcribo como “Paez” 3, 5, 9, 10 a abreviatura plÑzÑ, que tamén se podería transcribir como “Paaez”, a forma máis primitiva, mais neste notario é xa frecuente a forma reducida. No 2º leo “Ffernández” 2 (escrito ffrrÑzÑ), “Ffernandes” 15 (escrito fferrÑnÑsÑ), “Ffernandes” 26, 30 (escrito ffrrÑsÑ), “Ffernán” 15 (escrito ffrr cun sinal de abreviatura), “Eanes” 15 (escrito johÑnÑsÑ) e “caendas” 21 (escrito kkÑsÑ). No 3º aparece “Ffernandes” 2, 10, 13 (escrito ffrrns cun sinal de abreviatura) e no 4º “Uaasques” 4, 6, 10, 28 (escrito ulÑlÑsÑ), “Jesu Cristo” 49 (escrito jhÑuÑ xpÑoÑ) e “Paes” 57 (escrito plÑlÑsÑ).

5.3. Por tendencia latinizante hai palabras que levan un trazo sobreposto sen ningún valor fonético (cf. Lorenzo, 2004: 455). Son mill 1 (no 1º); como 1, 5, 14, 17, 23, 25, 32, 36, mill 1, 4, 17, ssigno 16, tenor 16, signo 27, çent 29, 34 e tamén CCC 1, 4, achedes 11 e achou 39 (no 2º); mill 1, 19, anos 1, ano 19 e tamén Burgo 17, público 21 e ffijs 22 (no 3º), como 1, 4, 24, 39 e dorso, nome 3, dona 4, 6 (2), 7, 11, 13, 14, 17, 19, 20, 22, 51 e dorso, panos 7, mill 54, anos 54 e tamén mua 7, na 20, negoços 37, seendo 49, este 50 e Caldelas dorso (no 4º).

6. Grafemas.

6.1. Como ocorre en todos os textos galegos medievais para representar /ɲ/ aparecen os grafemas <n> ou <ñ> e para representar /λ/ o dígrafo <ll>. Así, para /ɲ/ temos uinas 4 (no 1º texto), conusçuda 1, 5, dineiros 7, 19, 29, rreýna 13 e coñosco 5-6, 18, peñoras 11, 22, Viño 14, 39, rreýña 24 e térmjño 38 (no 2º), Villariño 17-18 (no 3º) e dineyros 7, tijna 12, Martino 54, mjna 59 e sseñor 1, 31 (no 4º). Para /λ/ conçello 4, 6 (no 1º), valla 14, lle 30, mandoulle 31 e conçello 31 (no 2º), Parella 17, ssemelláuile 22 (no 3º ) e moller 4 e dorso, consello 8, lle 12 (2), 33, 34, lla 16, asignoulles 26, llo 35, llos 35, lles 40, conssello 48-49 e jullo 54 (no 4º), aínda que no 1º texto tamén aparece o grafema <l> en deyla 9 e no 3º en geonlos 3. Este grafema <l> é o propio para /l/, como en del 2, pela 3, eela 11, etc. (no 1º), d'abril 1, 17, Elias 3, 6, 18, deles 4, etc. (no 2º), daquela 4, el 15, geeral 1, seelo 61, etc. (no 4º). Con todo, non é raro que poida aparecer o dígrafo <ll> en lugar de <l>, como en mill (cf. § 5.3), no 2º en Migell 15 e no 3º en villa 3, 12, ella 15, Villariño 17-18 e Caldellas 20, 21.

6.2. O primitivo /ts/ está representado por <ç> ante calquera vogal e por <z> en posición final e o primitivo /dz/ por <z> (cf. § 7.8). Aquí só interesa indicar que aparece unha vez <c> ante <a> (presenca 41 no 2º), tres veces ante <e> (parecerom 2, rrecebudo 24 e processo 48 no 4º)e unha vez <ç> en lugar de <z> (juyç 7 no 1º).

6.3. Para a representación do /Z/ aparece o grafema normal <j> ante <a, o, u> en jurado 2, juyz 3, juyç 7 (no 1º), juyz 2, 35, Jacob 3, 6, 18, 29, judeu 3, 30, 35, judeus 3, juyzo 13, 25, 37, jaz 16, Johán 26, 39, 40, juys 30 (no 2º), Johán 2, 5, 9, 17, 20, justiçar 5, Junqueyra 18, janeyro 19 (no 3º), Johán 2, 5, juyso 2, 28, 30, jasendo 4, jasiam 5, jazia 21, juramento 24, 46, julgase 33, julgasse 35, juyzo 42, 44 juys 44, 61, julgar 49, julgando 50, jullo 54, jurado 58 e jazian dorso (no 4º). Ante <e> aparece <g> en genrro 3, 6, 18, puge 15 (no 2º), geonlos 3 (no 3º) e geeral 1, 29, 30, monge 2, monges 15, ffige 59 e puge 59, 61 (no 4º). No 4º atopamos ocasionalmente <j> ante <e> (Jesu Cristo 49) e <i> ante <a> (seia 61 e Tereyia 6). Fronte a esta norma, pode aparecer <g> ante <o> (prigón 4, 5, 6 e Hermigo 7 no 1º) e <y> ante <a> (ya 5 no 1º). Nos casos de sseya 1, 5, sseyades 11, 23 e aya 38 (no 2º) podemos interpretar que temos un grafema de /Z/, aínda que é máis probable que se trate dun grafema correspondente ao mesmo sonido semiconsonántico /j/ que está en mayo 5, Cariyo 26 (no 2º), alffayate 3, Beya 4, 9 (no 3º), mayor 12, alfayate 56, tistimoyo 59 e tistimuyo 61 (no 4º).

6.4. Para /g/ ante <e> temos o dígrafo <gu> en entregue 12 (no 2º), 51 (no 4º) e <g> en Migeel 11 (no 3º) e Dominges 41 (no 4º). Por iso, cando está abreviado, decídome por poñer <ge>, como en “Migel” 2, 9, 10 (no 1º), “Migell Domíngez” 15 (no 2º), etc.

6.5. Para a vogal /i/ temos os grafemas <i>, <j> ou <y>. O normal é <i>, como en uiren 1, disso 7, mais 7, etc. (no 1º), dias 1, vinte 4, etc. (no 2º), dias 1, público 2, etc. (no 3º ) e vigario 1, virem 1, etc. (no 4º). De <j> hai bastantes casos en distintas posicións: Limja 2, Domjngo 5, 18, 34, 36, 37, njnhũa 8, 11, 14, 20, 23, cõomja 11, 23, mjas 11, 22, jnffante 13, 24, njnhua 25, escriuj 27, auja 31, 36, 38, vijr 31, térmjño 38 e Rruujo 40 (no 2º); Domjngo 10, 17 e ffijs 21, 22 (no 3º ) e Jnés 4, 7, 19, tijna 12, jgleia 18, 20, 21, 29, 54, 55, jndo 20, termjo 40, 43, exsamjnada 45, exsamjnado 48, ygleia 59 e mjna 59 (no 4º). Cf. mjn no § 7.1, rreçebj no § 8. Da 3ª posibilidade hai moitos casos, especialmente como segundo elemento dun ditongo ou hiato: rrey 2, Monte Rrey 2, leyxou 4, noyte 5, deyla 9 (no 1º texto), rrey 2, 12, 24, 40, Monte Rrey 2, 3, 6, 14, 32, 41, ffeyto 4, sseys 4, 7, ffrey 5, 18, 34, 36, 37, ey 13, 25, rreýna 13, oyto 19, 34, 35, ffeytos 19, rreýña 24, leylán 32, 34, mays 33, 39, mandey 37 (no 2º), quintaffeyra 1, rrey 2, 21, Monte Rrey 2, 5, 11, 12, alcayde 4, 9, Rroý 5, leyxaua 7, ffrey 14, Junqueyra 18, ffeyto 18 (no 3º ), dobreyro 1, ffrey 2, frey 3, 24, 25, 31, moesteyro 3, 5, 14, 21, feyto 7, 19, leyxasse 11, leyxar 16, poys 18, moytas 29, 36, 48, Barreyros 30, 45, concluyrom 37, ffeytos 37, ffeyto 38, Rroý 40, oýr 40, 43, 49, asigney 43, feytas 47, tayxaçom 53, Corredoyra 56, esleyto 57 e mays 61 (no 4º). Cf. Eynés, ffoý, foý, ffoy, foy, ffuy no § 7.5, juyz, juyç, juys, juyso, juyzo no § 6.3, depoys, despoys no § 19. Ocasionalmente aparece <y> noutras posicións: assý 6, y 7 (no 1º), yrmão 5, 17, 36, y 12, 24 (no 2º), yr 5, escriuý 14, tauerneyro 18, ly 21, y 22 (no 3º) e y 6, 8, 12, 13, 59, guysa 8, 38, auya 9, 12, enuyou 15, Ynés 22, calupnya 24, deuya 26, asý 30, 35, yrmão 55 e ygleia 59 (no 4º). No 2º texto aparece con relativa frencuencia a grafía <ei> (ffeito 16, fferreiro 26, dereito 32, 37, etc.) e por esta razón, cando está abreviado, desenvolvo sempre a abreviatura con <ei> (“dineiros” 7, 19, 29, “primeiro” 9, “primeiras” 21, “Fforneiro 26” e “carniçeiro” 40). En cambio, no 4º, aínda que hai casos que teñen <i> no ditongo en palabras abreviadas, como en “dereito” 7, 12, 19, 23, 24, 26, 39, 52, “preito” 30, 38, 39, 40, 42, 44, 46, 48 e “dereitas” 34, 36, 52, por ser máis frecuente o uso de <eyr> desenvolvo as abreviaturas con <y>: “moesteyro” 2, 3, 5, 8, 9, 12, 18, 20, 33, “dineyros” 7, “primeyra” 14, “pustremeyra” 14, “çapateyro” 41 e “moesteyro” no dorso.

6.6. Para a representación da consoante bilabial /β/ hai diferencias entre os textos. No 1º só hai un caso do grafema v (Val 2), pois o normal é o uso de <u> (uiren 1, scriuán 2, 8, uinas 4, auia 5, Stéueez 7, escriuán 10, escriuir 11), igual que para a vogal (sun 3, culpa 6, etc.). No 2º alternan os grafemas <v> (vinte 4, 6, 8, ven 9, viuas 11, 22, vendades 11, 23, valla 14, 25, Viño 14, 39, vẽeen 21, enviara 30, vijr 31, vender 31, vẽo 34, veendo 35, 36, Val 41) e <u>, menos frecuente en posición inicial (uós 6, 7, 18, 19, uos 8, 10, 20; tamén douuos 10, 22, pagaruos 14, 25) e máis en posición intervocálica (deuo 6, 18, ouuer 12, 24, auer 13, 37, auja 31, 36, etc.). Para a vogal aparece <u> en posición interna e só <v> en posición inicial (vn 4, 28, vssura 8, 20). No 3º aparece o grafema <u> en posición intervocálica (Naue 3, 6, 15, leyxaua 7, mandaua 8, leuassen 9, Áluares 10, esteuo 12-13, alcaçaua 13, escriuý 14, Gonçaluo 14, Estéuõo 16, Noua 17, tauerneyro 18, ssemelláuile 22) e o grafema <v> en posición inicial (villa 3, 12, viron 16, Villariño 17-18, vi 21), cun só caso en posición intervocálica (avia 7). No 4º domina <v> en posición inicial (virem 1, vigario 1, 21, 26, 28, 30, 33, 35, 37, 42, 45, voentade 16, 19, vagando 29, visse 39, 57, vẽessem 43, visa 45, viso 48, Viuiaez 56, verbo 59, Vaasques dorso) fronte a <u> (Uiuiãez 1, Uaasques 4, 6, 10, 28, uoentade 7, 14, uerdade 24, 60, 61, uerbo 59) e só aparece <u> nas outras posicións (Gonçaluo 1, conuento 2, Torueo 3, Rrauãal 5, rreuogamento 9, etc.).

6.7. Nos textos é frecuente a aparición de consoantes duplicadas innecesariamente. Trátase dunha característica medieval que respectamos. Temos no 1º texto alffoz 2, ffrontando 3, ffuy 3, 6, ffora 6, ffronta 9, offiçio 9, ffiz 11, messmo 5, ssobredito 10 e ssigno 11. No 2º Ffernández 2, ffeyto 4, ffeitos 7, jnffante 13, 24, Ffernán 14, 15, Ffernandes 15, fforo 32, conffessón 36, Affonso 39, 41, etc.; sseya 1, 5, sseys 4, ssen 8, 11, 20, 23, ssigno 16, sso 21, ssetenta 28, 33, ssobredito 35, etc., agás en so 9, signo 27, 42 e Saluador 40. No 3º quintaffeyra 1, Ffernandes 2, 10, 13, alffayate 3, fferros 4, ffazia 6, Ffernán 9, Affonso 10, Gondulffes 11, ffoy 12, 18, ffrey 14, ffiz 15, fforon 16, ffeyto 18, ffijs 21, 22, ssete 1, sseteenta 1, ssetenbro 1, ssua 6, ssupultar 8, 9, sseu 8, ssobredito 13, ssino 15, ssetenta 19, ssigno 22, ssemelláuile 22, coa única excepción de Santa 7. No 4º, xunto a casos dunha soa consoante, temos dúas en Affonso 1, 6, 55-56, 58, ffrey 2, Ffernando 2, 3, 24, 25, 31, ffesera 4, 32, ffoy 4, ffaria 13, deffendera 17, deffendemento 19, ffora 19, co[n]ffesões 32, ffinalmente 37, ffeytos 37, ffeyto 38, ffige 59, sseñor 1, 31, ssobreditos 3, sseu 5, 8, ssuterrar 5, 8, ssuterrados 5-6, conssigo 8, sse 12, 14, sse se 12 (e se se 13), ssuterrase 13, 18, ssupultura 14, sseus 15, ssua 16, ssigundo 16, 52, 58, ssuterrada 21, ssee 29, ssazom 29, conssello 48-49, ssentença 50, 61, Ssam 54. En abbade 14 (no 3º), 2, 3, 4, 7, 9, 11, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 22, 23, 25, 26, 32, 34, 35, 41, 45, 46, 50, 52, 53 (no 4º), xunto a abade 17 (no 4º), é grafía latinizante.

6.7.1. Hai moitos casos do dígrafo <rr> en posición inicial ou tras consoante: rrey 2, 40, genrro 3, 6, 18, rreçebj 7, 19, rrenu[n]ço 12, Monte Rrey 14, 41, rregistro 16, rrenunço 24, Rrodrigo 31, Rruujo 40 (no 2º), Monte Rrey 2, Rrodrígez 10, Rramo 14, Rrua 16 (no 3º) e onrrado 1, 31, Rramo 2, 3, 5, 9, 14, rrogara 10, rreuogara 13, rreçebeo 20, rrecebudo 24, rreçebudas 27, rrazões 28, rrasões 29, rrasõado 34, 47, rresposta 45-46, rrasom 51, rrogadas 55 (no 4º). Por esta razón, cando no manuscrito aparece a palabra con <R> maiúsculo, transcríboo por <rr>: rrey 2, Monte Rrey 2, rrecado 8 (no 1º), Monte Rrey 2, 3, 6, 32, rrey 12, 24, rreýna 13, rreýña 24 (no 2º), rrey 2, 21, Monte Rrey 5, 11, 12, Rroý 5, Rramo 8, Rrua 17 (no 3º) e Rrauãal 5, rreuogara 8, rreuogamento 9, Rramo 11, 15, 16, 17, 19, 23, 26, 27, 33, 35, 41, 45, 52, rreçebese 17, 42, rrazom 22, rreçebeo 22, rrespondeo 25, rrazoou 31, Rroý 40, Rrodrigo 43, rresponsões 47, rrazões 48 (no 4º). No 4º teñen un só <r> as palabras Ramo 18, 24, reçebeo 51 e reseruo 53.

6.8. Moi importante é a representación da consoante /n/ en posición final de sílaba ou de palabra, que nos textos medievais pode aparecer como <n>, <m> ou cun trazo sobre a vogal. Nos tres primeiros textos está representada por <n> ou un trazo sobre a vogal. Temos <n> en en 1, 2, sun 3, andador 4, nen 7, etc. (no 1º), çinquaenta 1, 4, 17, onze 1, ssen 8, 20, ven 9, passaren 9-10, 21, vendades 11, 23, tanbén 23, leylán 32, 34, non 33, conffessón 36, nen 39, en 41, etc., tamén ante b en ssetenbras 21 (no 2º), quintaffeyra, sseteenta e trezentos 1, en 2, 3, 15, 20, presença 2, Johán 2, 4, 6, 9, 15, 17, 20, geonlos 3, ante 4, Monte 7, 14, leuassen 9, Affonso 10, don 14, Junqueyra 18 (no 3º).Cando aparece un trazo sobre a vogal, poño sempre un n en itálico nos tres primeiros textos: “saban” 1, “uiren” 1, “mjn” 1, 8, “scriuán” 2, 8, “ffrontando” 3, “prigón” 4, 5, 6, “conçello” 4, 6, “non” 5, 6, “entón” 6, “nonno” 6-7, “mandou” 7, “deron 8”, “ffronta” 9, “Garganta 9”, “escriuán” 10 (no 1º), “mjn” 2, 13, 25, “contan” 7, “hun” 8, “tanbén” 12, 13, “Ffernán” 14, “njnhũa” 14, “non” 14, 25, 31, 38, “ssenón” 14, 25, “Durán” 15, “Padrón” 15, 27, “escriuán” 15, “rrenunço” 24, “njnhua” 25, “montan” 28, “herdamentos” 38, “Gaança” 39 (no 2º), “ssetenbro” 1, “mjn” 2, “Durán” 2, 11, 13, “estando” 3, “con” 3, “garganta” 4, “manda” 6, “mandaua” 8, “mandou” 8-9, “Ffernán” 9, “Domjngo” 10, 17, “pidimento” 14, “mandado” 15, “fforon” 16, “testamento” 16, 21, “viron” 16, “hun” 19, “ssetenta” 19 (no 3º). O único caso no que poño m é na forma latina Jtem 16 (no 2º). No 4º a situación é distinta, pois o <n> pode estar representando por <n>, <m> ou un trazo sobre a vogal. Temos <n> en quantos 1, onrrado 1, Gonçaluo 1, jasendo doente 4, mandara 5, 6, uoentade 7, etc., ante <b> en d'ánbalas 24, 47, ánbalas 30, 36, 48 e enbargado 37 e ao final da palabra en en 2, 3, etc. e Johán 2, 5. Temos <m> en sábeam 1, virem 1, dom 1, 2, 6, 15, 28, 30, 31, 44, 57, gram 13, entençom 27, bem 32, pareçesem 40, vẽessem 43 e Ssam 54. Tendo en conta isto, desenvolvo a abreviatura como <m> en “sazom” 2, “parecerom” 2, “jasiam” 5, “dariam” 13, “rrazom” 22, “pitiçom” 23, 33, 45, “entençom” 25, 32, 35, “entenderom” 27, “forom” 27, 29, 36, 48, 55, “pareçerom” 28, 30, 42, 43, “ssazom” 29, “prouaram” 35, “concluyrom” 37, “pidirom” 37, 44, “tam” 38, “rrasom” 51, “pi[ti]çom” 52 e “tayxaçom” 53 e desenvólvoa como <n> en “monge” 2, “conuento” 2, 3, “consello” 8, “sigundo” 10, 13, “monges” 15, “julgando” 50, “sentença” 50, etc. e en final de palabra en “non” 12, 13 (2), 16, 17, 35, 38, “nen” 16, “con” 20, 22, 38, 49, 51, “mjn” 38, 40, 42, 43, 44, 53, 58 e tamén en “pidíronme” 42, “Martín” 55 e “jazian” (no dorso). Aínda que se escriba <m> por tendencia latinizante, a pronuncia real era /n/, como se ve cando hai asimilación nl > nn (“nenna” 18, “enno” 21) ou xa redución nn > n (suterrárona 21). Refírome a isto con insistencia, porque moitos filólogos teñen a absurda manía de deixar nestes casos o trazo sobre a vogal (*sabã) considerando erroneamente que se trata dunha vogal nasal e non dunha consoante (cf. Lorenzo, 1988: 289-326).

6.9. O <h> latino normalmente desaparece na época medieval e por iso temos carta 1, 10 (no 1º), carta 12, 24, 27, 41, omes 26 (no 2º), ora 6, carta 13 (no 3º), carta 1, onrrado 1, 31, ora 11, agora 38, ómẽes 49, ome 57 (no 4º) e nas formas de auer (véxase o § 8.3), aínda que quedan algúns casos de conservación, que son Hermigo 7, home 10 (no 1º), herdamentos 38 (no 2º) e 6 (no 4º). Non é raro, en troques, que apareza en palabras que non o levaban en latín, como en hun 8, njnhũa 8, 11, 14, 20, 23, huquer 11, 22, hũa 16 e njnhua 25 (no 2º), hũa 3, huus 4, hu 12, he 15 e hun 19 (no 3º), hũa 2, 7, 29, 36, 46 (no 4º). Tampouco aparece en Eanes 2, 4 (no 1º), 41 (no 2º), 56, 58 (no 4º) e na transcrición como “Eanes” 15 (no 2º) da grafía desaxustada johÑnÑsÑ. En contra disto, transcribo no 2º texto como “Johán” 26, 39, 40 a abreviatura jo (co o escrito sobre o j), pois Johán é a forma que aparece cando non está abreviado: “Johán” 2, 4, 6, 9, 15, 17, 20 (no 3º) e 2, 5 (no 4º).

6.10. O normal é uso de <e> inicial ante <s>, mais no 1º texto, xunto a escriuán 10 ou escriuir 11, aparecen sen e as formas scriuán 2, 8, scritas 3 e Stéueez 7.

7. Particularidades fonéticas.

7.1. O -n- intervocálico latino desapareceu deixando nasalizada a vogal precedente e durante a Idade Media déronse unha serie de cambios ata chegarmos ao sistema moderno. Nos nosos textos destaca que no 1º non se indica nunca a nasalidade das vogais, cando a finais do século XIII o normal era a conservación das vogais nasais. Ocorre isto en mao 2, manaa 3, Querugaes 3-4, serao 5 e Stéueez 7. Tendo en conta esta última forma, transcribo as abreviaturas como “Martiiz” 9, 10 e “Meéndez” 9. No 2º contrariamente mantéñense en xeral as vogais nasais (crischãos 2, yrmão 5, 17, 36, Tamágõos 5, 17, 38, 40, bẽes 8, 20, 33, 34, 38, njnhũa 8, 11, 14, 20, 23, pẽa 9, 12, 21, cõomja 11, 23, hũa 16, vẽeen 21 e vẽo 34) e só hai uns poucos casos nos que non se indica a nasalidade (çenteo 9, 29, njnhua 25, vijr 31 e pregoeiro 31, 32, 36, 39). En “Martiis” 5, 17, 26, 31, 33, 36, 38, 40 decidinme por transcribilo sen vogal nasal e en tenor 4, 16 aparece unha forma culta en lugar de tẽor ou teor. No 3º alternan as formas, pois temos con nasal hũa 3, cadẽa 4 e Estéuõo 16 e sen nasal huus 4 e moesteyro 7, 8, que é como desenvolvo o apelido “Martiis” 11. No 4º tamén alternan as dúas posibilidades, con máis casos con vogal nasal: Uiuiãez 1, hũa 2, 7, 29, 36, 46, Rrauãal 5, pitições 25, produções 26, exçepções 27, rrazões 28, 48, rrasões 29, 36, co[n]ffesões 32, posições 32, 47, rrasõado 34, 47, vẽessem 43, rresponsões 47, ómẽes bõos 49 e yrmão 55, fronte a geeral 1, moesteyro 2, 3, 5, 8, 9, 12, 14, 18, 20, 21, 33, rrazoou 31, termjo 40, 43, tistimoyo 59 e tistimuyo 61. Sen indicar nasalidade desenvolvo os apelidos “Martiis” 39, 40, 44, 61 e “Viuiaez” 56 e os substantivos “moesteyro” (no dorso), “tistimoyas” 11 e “tistimoyas” 27, 32, 47, 54.

7.1.1. A palabra cóengo 39, 44, 56 (no 4º), adoptada arbitrariamente como normativa no galego moderno, pois o resultado final tiña que ser *congo, presenta unha das varias evolucións do latín canonicum, con nasalización primitiva das vogais, asimilación e despois consonantización desprazada da nasalidade (cãõigo > cõõigo > cõego > coengo). Igual ocorre na forma geonlos 3 (no 3º), que tiña primitivamente vogal nasal (gẽollo) e despois sufriu o mesmo proceso de consonantización desprazada da nasalidade, con conservación do hiato, enxordecemento da consoante inicial e sen a metátese producida no portugués joelho, pois modernamente dise xeonllo, aínda que hai zonas que pronuncian xionllo e outras variantes. Nos substantivos rreýna 13, rreýña 24 e térmjño 38 (no 2º), no topónimo Villariño 17-18 (no 3º) e na advocación “Ssam Martino” 54 (no 4º) xa se produciu o cambio da vogal nasal en vogal oral + consoante palatal (-ina / -inu > -ĩa / -ĩo > -iña / -iño). A mesma evolución está en *teneat > teĩa > tiĩa > tijna 12 (no 4º) e en denarios (con cambio a dinarios no latín) > dĩeiros > dineiros 7, 19, 29 (no 2º), dineyros 7 (no 4º). Tamén ten a mesma evolución o latín mea, que aparece sen nasalización en mia 10 (no 1º), 41 (no 2º) e mjas 11, 22 (no 2º) e xa palatalizado en mjna 59 (no 4º), onde se deu o proceso mea > mia > mĩa > miña). Tamén temos nasalización e conversión en consoante (mihi > mi > min) na forma mjn 1, 8 (no 1º), 2, 13, 25 (no 2º), 2 (no 3º), 38, 40, 42 (2), 43, 44, 53, 58 (no 4º) e en nec una > njnhũa 8, 11, 14, 20, 23, njnhua 25 (no 2º). Interesante é o encontro da preposición en co pronome ou demostrativo, pois o n é tratado coma se estivese en posición intervocálica e temos como resultado as formas xa desnasalizadas eeste 3, 5 ‘neste', eela 11 ‘nela' (no 1º), eela 42 (no 2º). En contra disto están en ella 15 (no 3º) e en essa 17, en este 40, 44 (no 4º).

7.2. Nos textos tamén se dá o encontro entre unha palabra que remata en <n> e o artigo ou pronome lo / la. Cando se produce entre a preposición en e o artigo lo, la atopamos as tres fases polas que pasou a combinación (enlo > enno > eno > no), pois aparecen as formas totalmente desenvolvidas no 1º texto (na 4, 5) e no 2º (no 16), alternan no 3º as formas finais (na 4, 12, no 8 e nos 4) coas formas intermedias (ena 16 e eno 17) e no 4º temos, por un lado, na 20, 29, 54, nas 26, 34, 36, 52 e no 5 (3), 8, 12, 14, 18, 40, 43 e, por outro, enno 21 e dorso (2 veces). En contra disto, non se deu a asimilación da preposición con co artigo los (conlos > connos > conos) na forma conlos 29 (no 2º). No encontro dunha forma verbal rematada en -n co pronome, temos asimilación e aínda non redución de nn > n en “posséronno” 29 ‘puxérono' (no 2º) e xa redución en suterrárona 21 (no 4º) e no caso dos adverbios non, nen alterna a asimilación coa redución nl > nn > n, pois aparecen “nonno” 6-7 e “non o” 7, “nen o” 7 (no 1º) e “nenna” 18 (no 4º). Se o encontro se dá entre unha palabra rematada en -s e o artigo lo, la, tamén se produciu a asimilación e a redución (sl > ll > l) en delo 10 (2), 21, 22, tódolos 13, 24 (no 2º), ánbalas 24, 30, 36, 47, 48 e tódalas 22, 51 (no 4º), que son as formas usuais hoxe na maior parte de Galicia. No 3º texto dáse este mesmo proceso en tralado 18 e traladar 22, formas nas que desde o latín transl- se deu primitivamente a asimilación do <n> ao <s> e despois a evolución indicada ata tralado, variante que alterna en textos galegos medievais con trelado, traslado e treslado.

7.2.1. Na época medieval alternan as preposicións por e per (cf. § 20.1), que podían ir seguidas da forma lo, la do artigo, co que se produce a asimilación do <r> ao <l> e a simplificación da xeminada (rl > ll> l). No 4º texto aparecen xa as formas totalmente desenvolvidas pela 1, 31, pelas 32, pelo 7, pelos 31 e pola 58. Fronte ao portugués pelo, pela, no galego impuxéronse as formas polo, pola.

7.3. No raro encontro do pronome se co pronome o poduciuse a palatalización (seo > sjo > xo) en xo 6 (no 1º texto). Para os posesivos sa e sas véxase § 13.

7.4. Cando aparecen dúas vogais en hiato hai casos nos que aínda permanece o hiato e outros nos que xa se produciu a crase vocálica. Temos conservación en aa 6, Paaços 10 (no 1º), Gaança 39, vẽeen 21 (con tres vogais en lugar de vẽen), veendo 35, 36, vijr 31 (no 2º), meesma 3, pees 4, huus 4 (no 3º), aa 2, 11, 14, 19, 20, 29, aas 32, 40, 43, Rrauãal 5, geeral 1, 29, 30, ssee 29, perteenças 38, vẽessem 43, ómẽes bõos 49, seendo 49, seelo 61, tijna 12, door 4 (no 4º) e crase vocálica en messmo 5 (no 1º), vinte 4, 6, 8 e omes 26 (no 2º), vi 21, ly 21 (no 3º). Como no dorso do 4º texto aparece Vaasques, desenvolvo a abreviatura como “Uaasques” 4, 6, 10, 28 e tamén me decido por “Martiis” (véxase § 7.1). É diferente o hiato na forma verbal rrazoou 31 (no 4º) e temos dobre vogal innecesaria en auóaa no dorso, xunto a auoa 6 (no 4º), moderno aboa.

7.4.1. No caso do hiato primitivo no 2º texto hai conservación en çinquaenta 1, 4, 17 e xa a evolución ae > ee > e en quarenta 19, 20, nouenta 28 e ssetenta 28, 33 e no 3º asimilación ae > ee en sseteenta 1 e Migeel 11 e crase vocálica en ssetenta 19. No 2º en “portugeeses” 7, 19, 33, 35 decidinme por poñer ee, pois esa é a forma máis frecuente noutros documentos. Fronte a isto, se o hiato era áe, mantense nos textos: Querugaes 3-4, que debería estar escrito Queyrugaes ou Queyrugães, actualmente Queirugás en Verín (no 1º), quaes 28 (no 2º), Paez 5 (no 3º ), quaes 26 e Uiuiãez 1 (no 4º). Por iso leo “Paez” 3, 5, 9, 10 (no 1º ), “Paes” 57 e “Viuiaez” 56 (no 4º).

7.4.2. Se se trata do hiato ao, mantense na unión da preposición a co artigo en ao 5 (no 1º), 31, 32, 34, 35 (no 2º), 9, 10, 17, 21, 22, 33, 35, 52 (no 4º) e houbo asimilación ao > oo en Tamágõos 5, 17, 38, 40 (no 2º), actualmente Tamagos, e en Estéuõo 16 (no 3º). Mantense o hiato primitivo oe en moesteyro 7, 8 (no 3º), 3, 5, 14, 21 (no 4º) e hai unha duplicación innecesaria da vogal en ffijs 21, 22, xunto a ffiz 15 (no 3º). Tamén destaca a forma co hitato primitivo en rreýna 13, rreýña 24 (no 2º), forma propia dos textos galegos medievais.

7.5. En posición átona é moi frecuente a alternancia vocálica. Dáse entre <e> / <i> en pidiu 8 (1º texto), ssemelláuile 22 e pidimento 14 (no 3º), sigundo 10, 13, 23, 42, ssigundo 16, 52, 58, pidio 21, 33, 35, pitiçom 23, 33, 45, pitições 25, arçidiago 28, pidia 33, pidirom 37, pidíronme 42, pi[ti]çom 52 (no 4º) e pedio 30 (no 2º), enduzemento 9, 19, entençom 25, 27, 32, 35 (no 4º). Entre <o> / <u> aparece en conusçuda 1, 5, Nuzedo 15, hoxe Nocedo (no 2º), ssuterrar 5, 8, ssuterrados 5-6, suterrar 11, 12, ssuterrase 13, 18, pustremeyra 14, ssuterrada 21, suterrárona 21 (no 4º) e moller 4, pobricadas 27, pobricados 47, soterrados dorso (no 4º) e na tendencia a rematar a 3º persoa do verbo en -eo (cf. § 8). Tamén aparece <u> por <e> en ssupultar 8, 9 (no 3º texto), <o> ou <u> por <e> en sopultura 22, ssupultura 14 e supultura 51 (no 4º) e inclusive a alternancia entre <e> / <i> e <o> / <u> en tistimoyo 59 e tistimuyo 61 (no 4º), o que me levou a ler “testimoyas”3, 9 (no 1º), 9, 16 (no 3º), “testemuyas” 14, 26, 39 (no 2º) e “tistimoyas” 11, “tistimoyas” 27, 32, 47, 54 (no 4º). Outra evolución característica dos textos galegos é o paso de o a e en uoentade 7, 14 e voentade 16, 19 (no 4º).

7.5.1. Hai máis palabras que deben mencionarse. Así, en ssetenbro 1 (no 3º texto) vese a preferencia por o final e non por e, nos substantivos correspondentes á 2ª conxugación o normal nos textos galegos é que teñamos <e> (enduzemento 9, 19 e deffendemento 19 no 4º), na posible alternancia entre <a> / <e> temos dúas veces con <e> o nome Tereyia 6 (no 4º), o que me levou a ler no dorso deste documento “Tereyia”, e tamén aparece a (átono ou tónico) en condanase 34, 36 e condano 52 (no 4º), formas aínda hoxe populares. Cómpre destacar a alternancia entre Eynés 6, 11, 13, 15, 17, 20, 51 e no dorso e Jnés 4, 7, 19, Ynés 22 (no 4º) (< Agnes) e moi interesante e estraño é o intercambio de resultado en formas dos verbos ser ou ir, pois para a 1ª persoa aparece ffoý 27 (no 2º) e foý 59 (no 4º), en lugar de fui (moderno fun), e para a 3ª ffuy 3, 6 (no 1º), xunto á forma propia foy 23, 34, 40 (no 4º), ffoy 12, 18 (no 3º). O ditongo oi está en moytas 29, 36, 48 (no 4º). Tamén temos Rroý 5 (no 3º), 40 (no 4º), como forma reducida de Rodrigo ante un apelido. En Rruujo 40 (no 2º) documéntase a forma propia do galego, sen metátese da vogal átona, e no derivado de sapiant aparecen as variantes saban 1 (1º texto) e sábeam 1 (no 4º), formas correntes nos textos medievais nas que non se deu a metátese do iode, que pasou a e e despois puido seguir evolucionando (sábean > sábaan > saban). Por latinismo tamén temos <u> por <o> na forma tónica sun 3 (no 1º) ‘(eles) son'.

7.6. Como é normal, hai elisión da vogal <e> da preposición de seguida dun artigo, pronome persoal, demostrativo ou identificador en da 6, das 3, do 4, 6, del 2, 8 (no 1º), da 12, 23, do 12, 14, etc., del 2, 14, 25, 40, deles 4 (no 2º), da 12, 17, do 15, 22, del 2, 21, desta 3 (no 3º), da 2, 3, etc., das 31, 38, 46, 56, do 1, 2, etc., dos 3, 41, del 51, 53, delas 47, 53, daquela 4, dese 56, desse 59, desto 28, doutras 11, doutros 37 (no 4º), mais tamén ocorre ante outras palabras, como en d'abril 1, 17, d'agosto 9, d'auer 37 e d'oyto en ssoldo 19, 35, fórmula que alterna con da oyto en ssoldo 33-34 (no 2º), d'Espadañedo 18 (no 3º), d'Ourense 2, 29, 31, 39, 44, 55, d'ánbalas 24, 47 e d'Affonso 55-56 (no 4º). No 4º texto tamén se elide o e en ant'el 29 e na unión dos pronomes lle e me con a, o (lla 16, llo 35, llos 35, mo 42, 58) e no 2º na forma verbal podria 13. En con hũa 3 (no 3º) permanece a combinación sen reducirse (hoxe cunha).

7.7. Nun principio existía na lingua unha oposición entre unha sibilante apicoalveolar sonora /z1/ e outra xorda /s1/. Esta oposición dábase en posición intervocálica e graficamente distinguíanse porque a xorda se representaba por <ss> e a sonora por <s>. Esta distinción desapareceu no galego debido á desonorización da sonora e é posible que esta desonorización xa estea presente nos nosos textos, que non distinguen ben os grafemas correspondentes aos dous fonemas primitivos. De feito, no 1º texto, xunto ao grafema correcto en presença 1, 10 e preso 4 (para a sonora), disso 3, 7 e assý 6 (para a xorda), temos <ss> en posso 6 e un só <s> en pasou 8. No 2º aparecen as formas correctas en presenca 41 (para a sonora), passaren 9-10, 21, disso 30, 32, ffezesse 30, trouxesse 32, desse 33, 39 e conffessón 36 (para a xorda), mais con moita presenza de <ss> para a primitiva sonora, como vemos en coussa 1, 5, 14, 25, vssura 8, 20, pressente 27, 32, posséronno 29 e quisso 31. No 3º temos o grafema propio para a sonora en presença 2 e preso 3 e a propia para a xorda en disso 6 e leuassen 9, mais xa con <ss> para a primitiva sonora en pressentes 16, e no 4º está o grafema correcto para a sonora en proposo 4, guysa 8, 38, cousas 9, 22, 33, 51, presença 10, 47, 59, casares 12, quiso 16, posições 32, 47, visa 45, viso 48, concluso 48, presentes 50, 55, reseruo 53 e presente 59 e a propia para a xorda en disso 3, leyxasse 11, mandasse 12, adusesse 15, abastasse 25, achasse 39, liurasse 39, visse 39, 57, vẽessem 43 e tamén en obrigo[u]sse 25. O que pasa é que neste 4º texto hai numerosos exemplos de intercambio dos grafemas, con tendencia a escribir un só <s>. Así, alternan para a primitiva xorda assignado 40, 49 e asignoulles 26, asigney 43, desse 57, 59 e dese 56, dissera 10 e disera 11, 17, essa 11, 14, 17 e esa 20 ou ese 20, julgasse 35 e julgase 33, processo 48 e proçeso 39, 57 e temos só un <s> en ssuterrase 13, 18, rreçebese 17, 42, mandase 21, entregase 22, asý 30, 35, co[n]ffesões 32, condanase 34, 36, eçesorios 38, exsaminase 39, 57, pareçesem 40, entendese 57-58 e tamén en mandárase 8.

7.8. Algo semellante ocorre coas primitivas africadas /ts/ e /dz/ (cf. 6.2). No 1º texto temos para a xorda março 1, presença 1, 10, Laça 3, conçello 4, 6, offiçio 9, Paaços 10 e alffoz 2, Paez 3, 9, 10, diz 6, 7, Stéueez 7, Martiiz 9, 10, Meéndez 9, Pérez 9 e ffiz 11. A única anomalía é que para a xorda, ao lado de juyz 3, aparece a forma juyç 7, co grafema <ç> en posición final. No 2º a sonora está correctamente en onze 1, prazos 3, 35, prazo 6, 10, 16, 18, 21, 22, dízima 12, 23, 29, juyzo 13, 37, Nuzedo 15, enprazar 30 e ffezesse 30 e a xorda en çinquaenta 1, 4, 17, conusçuda 1, 5, Maçia 5, 17, 31, 33, 36, 38, çinco 7, 8, 17, 19, 20, 33, 35, çenteo 9, 29, rrenu[n]ço 12, rrenunço 24, terça 28, çent 29, 34, preço 37, sse[n]tença 37, Gaança 39, Laça 41, así como en presenca 41. Xunto a estes casos temos outras palabras que ofrecen dobre solución. Así, por unha banda atopamos Lourenço 26 e a forma abreviada “Lourenzo” 26, o que parece indicar que non se diferenciaban a xorda e a sonora. Por outro, xunto ás formas con z final, que son Ffernández 2, juyz 2, 35, dez 7, 29, Domíngez 15 (2), jaz 16, ffiz 41, 42, hai outras que aparecen con <s> final: Ffernandes 15, 26, 30, Dominges 26, “Peres” 26 e juys 30 (2). No 3º a sonora está correctamente en trezentos 1 e ffazia 6 e a xorda en presença 2, justiçar 5, alcaçaua 13 e Gonçaluo 14. En posición final é onde se volve documentar o cambio do sistema, pois temos, por un lado, dez 1, Paez 5, Rrodrígez 10 e ffiz 15 e, por outro, Ffernandes 2, 10, 13, Áluares 10, Peres 10, 16, 17 (2), 20, Martiis 11, Gondulffes 11, Gomes 20 e ffijs 21, 22. No 4º a casuística é maior. Para a primitiva xorda temos correctamente Gonçaluo 1, parecerom 2, presença 10, 47, 59, pareçía 10, sentença 21, 35, 37, 39, 40, 43, 44, 49, 50, 54, 57, 59, pitiçom 23, 33, 45, entençom 25, 27, 32, 35, pitições 25, produções 26, exçepções 27, arçidiago 28, pareçerom 28, 30, 42, 43, posições 32, 47, negoços 37, eçesorios 38, perteenças 38, proçeso 39, 57, çerto 40, Garçia 40, pareçesem 40, çapateyro 41, processo 48, pronunçio 50, ssentença 50, 61, pi[ti]çom 52 e tayxaçom 53 e en posición final Uiuiãez 1, Gonçaluez 3, Áluarez 6, Viuiaez 56 e Núnez 57. Mais en posición final aparecen xa Gonçalues 4, 7, 9, 10, 16, 17, 32, 34, 41, 50, Uaasques 4, 6, 10, 28, Martiis 39, 44, 61, Peres 41, 43, 55, Dominges 41, 43, 50, 53, 55, juys 44, 61, Paes 57, Áluares e Vaasques no dorso co grafema correspondente á fricativa. Para rreçebj, etc. (no 2º e 4º) véxase § 8. O mesmo pasa coa primitiva africada sonora, para a que temos a forma correcta en sazom 2, dizia 9, enduzemento 9, 19, aduzer 16, jazia 21, rrazom 22, dizer 24, rrazões 28, 48, ssazom 29, rrazoou 31, juyzo 42, 44 e jazian no dorso e xa o cambio para a fricativa en juyso 2, 28, 30, ffesera 4, 32, jasendo 4, jasiam 5, endusuda 7, adusesse 15, rrasões 29, 36, rrasõado 34, 47, praser 38 e rrasom 51. É dicir, o primitivo sistema de dúas africadas diferenciadas pola marca de sonoridade parece que se estaba descompoñendo e que había enxordecemento e ao mesmo tempo paso de africada a dorsodental fricativa. De aí o grafema con <s>.

7.8.1. Como particularidade podemos indicar que, xunto ás formas offiçio 9 (no 1º) e pronunçio 50 (no 4º), con conservación do iode, aparecen as formas medievais negoços 37 (no 4º) e rrenu[n]ço 12, rrenunço 24 (no 2º), coa evolución esperada -tjo > -ço. Ademais, o grupo latino -sk- seguido de <o> permanece e seguido de <e> dá como resultado primitivamente a consoante africada /ts/. Por iso é correcta a forma coñosco 5-6, 18 (no 2º) e irregular a forma conusçuda 1, 5 (no 2º), que mestura as dúas solucións, pois debería ser coñoscuda.

7.9. Dependendo das palabras, o grupo latino qua- deu en romance cua ou ca. Nos textos medievais é moi frecuente que se conserve a grafía latinizante, aínda que posiblemente en moitos casos se pronunciase ca, tal como ocorre hoxe na maior parte de Galicia. Nos nosos textos sempre aparece qua: quantos 1 (no 1º), çinquaenta 1, 4, 17, quarteiro 9, 28, quantos 9, 21, Quaderno 13, 24, quarenta 19, 20, quatro 21, 28 e quaes 28 (no 2º), quantos 1, qual 5, 9, 40, 43, quando 10, quanto 25 e quaes 26 (no 4º). Ao contrario do que ocorre con qua-, para gua- temos a forma propia do galego en gardar 5, 8 (no 1º).

7.10. O grupo latino -bl- consérvase no cultismo público 2 (no 1º), 2, 21 (no 3º) e presenta rotacismo en dobreyro 1, obrigo[u]sse 25, pobricadas 27 e pobricados 47 (no 4º).

7.11. O grupo cl- inicial evoluciona como forma popular en chamado 49, 59 e chamadas 55 (no 4º) e mantense nos cultismos clérigo 10, 11 (no 3º), clérigos 20, 55 (no 4º), así como en posición interna tras consoante en concluyrom 37 e concluso 48 (no 4º). No caso de -ccl- (> -cl-) houbo sonorización, mais non rotacismo en jgleia 18, 20, 21, 29, 54, 55 e ygleia 59 (no 4º).

7.12. O grupo pl- inicial evoluciona como forma popular en chegou 5 (no 1º) e presenta rotacismo nos semicultismos prazos 3, 35, prazo 6, 10 (3), 16, 18, 21, 22 e enprazar 30 (no 2º), preito 30, 38, 39, 40, 42, 44, 46, 48 e praser 38 (no 4º).

7.13. O grupo -gn- intervocálico evoluciona como era de esperar a /ɲ­/ en conusçuda 1, 5, coñosco 5-6, 18 e peñoras 11, 22 (no 2º), mais compórtase como cultismo en signo 27, 42 (no 2º), ssigno 11 (no 1º), 16 (no 2º), 22 (no 3º), asignoulles 26, assignado 40, 49 e asigney 43 (no 4º) e como semicultismo en ssino 15 (no 3º), sinal 59 (no 4º) e Eynés 6, 11, 13, 15, 17, 20, 51 e dorso, Jnés 4, 7, 19, Ynés 22 (no 4º). Tamén cando había en latín -nj- se chega a /­ɲ/, como en uinas 4 (no 1º), Viño 14, 39 (no 2º) e sseñor 1, 31 (no 4º). Para o latín testimonium hai moitas variantes na época medieval, unha delas testemuño, que foi a forma que se impuxo, mais é moi frecuente nos textos galegos que, en lugar da evolución -nj- > /­ɲ/, desapareza o -n- deixando nasalizada a vogal anterior. De aí as formas xa desnasalizadas tistimoyo 59 e tistimuyo 61 (no 4º).

7.14. Noutros grupos interésannos algunhas evolucións. Así, para -pt- alterna o cultismo escripto 50 (no 4º) coa forma evolucionada scritas 3 (1º). Para -ks- temos a evolución a /iS/ en tayxaçom 53 (no 4º) e en ex- (é dicir, eks-) aparece a conservación no cultismo exçepções 27 (no 4º), que tamén conserva o p no grupo -ptj-, e nas formas medievais exsaminase 39, 57, exsamjnada 45 e exsamjnado 48 (no 4º), cunha grafía que quere reflectir a pronuncia [eks]. Para -stj- temos palatalización na forma medieval crischãos 2 (no 2º), no grupo -cc- hai simplificación en eçesorios 38 (no 4º) e en -ffl- a evolución esperada en achou 5, 7 (no 1º), achedes 11, 23, achara 33, achou 39 (no 2º) e achasse 39 (no 4º).

7.15. Hai palabras que teñen unha evolución moi complexa e entraron na lingua con dobre sentido. Así, o latín calumnia, que de ser unha forma popular terminaría dando o resultado *caoña, ou caoña > cooña > *coña, está representado por cõomja 11, 23 (no 2º texto), co valor de ‘imposto', e polo cultismo calupnya 24, calupnia 46 (no 4º), na expresión “juramento de - ”, co valor que xa tiña en latín de xustificar con xuramento a boa disposición a actuar nun preito, e que presenta por falso latinismo un p, igual que pasa noutros textos en palabras como dapno.

8. Entre as formas verbais temos as que rematan en -des, terminación que permaneceu maioritariamente ata hoxe en Galicia: tomedes 10, 22, sseyades 11, 23, achedes 11, 23, vendades 23 (no 2º). No presente aparecen as formas primitivas coñosco 5-6, 18 (no 2º) e diz 6, 7 ‘di' (no 1º) e, ao lado da forma é 14 (no 4º), he 15 (no 3º), están as formas latinizantes est 6 (no 1º) e éste 11 (no 1º), 16, 42 (no 2º), 60 (no 4º), como ocorre noutros textos medievais. No pasado son moi significativas as formas da 3ª persoa disso 3, 7 e posso 6 (no 1º), disso 30, 32 e quisso 31 (no 2º), disso 6 e esteuo 12-13 (no 3º), disso 3, proposo 4 e quiso 16 (no 4º), típicas dos documentos galegos e antecesoras dos actuais dixo, puxo, quixo, estivo e propuxo. En cambio, para a 1ª persoa son máis comúns as formas idénticas ás do portugués, como vi 21 ‘vin' e ly 21 ‘lin' (no 3º), ffiz 11 (no 1º), 41, 42 (no 2º), 15 (no 3º), coa variante ffijs 21, 22 (no 3º), fronte ás formas palatalizadas puge 15 (no 2º), ffige 59 e puge 59, 61 (no 4º), que son as máis próximas ás formas do galego moderno (dixen, fixen e puxen). Noutros verbos hai unha diverxencia, pois aparecen rreçebj 7, 19 (no 2º), 58 (no 4º) ‘recibín', reçebeo 51, rreçebeo 20, 22, rreçebese 17, 42, rrecebudo 24, rreçebudas 27 (no 4º), fronte a escriuj 27 (no 2º), escriuý 14 (no 3º) ‘escribín', idéntica a do infinitivo escriuir 11 (no 1º), 41 (no 2º), 59 (no 4º), no galego moderno escribir. Xunto a pidiu 8 (no 1º) ‘pediu' e deu 7 (no 1º), 34 (no 2º), 24 (no 4º), aparece a tendencia a rematar as formas de 3ª persoa en -o, que aínda hoxe ten vixencia nalgunhas zonas de Galicia. Vémolo en pedio 30, vẽo 34 ‘veu' (no 2º), rreçebeo 20, 22, pidio 21, 33, 35, rrespondeo 25, cometeo 38 e reçebeo 51 (no 4º). Son normais as formas deron 8 (no 1º), posséronno 29 (no 2º), viron 16 (no 3º), pareçerom (véxase § 8.4), suterrárona 21, entenderom 27, concluyrom 37, pidirom 37, 44 e pidíronme 42 (no 4º), pois hoxe no galego a 3ª persoa do plural segue rematando en -ron. Tamén é a forma esperada deyla 9. Véxase para ffuy, foy ‘foi' e ffoý, foý ‘fui' o § 7.5.1.

8.1. No subxuntivo temos 8 (no 1º), que alterna nos textos medievais galegos con dea e dia. Véxase § 7.5.1 para saban 1 (no 1º) e sábeam 1 (no 4º). O futuro de subxuntivo é moi frecuente: uiren 1 (no 1º), mostrar 6, 19, passaren 9-10, 21, pagar 10, ouuer 12, 24 (no 2º) e virem 1 (no 4º).

8.2. Nos participios destacan as formas concluso 48 e visa 45, viso 48 (no 4º), procedentes de conclusum ‘concluído' e visum ‘visto', que eran os participios propios dos verbos concludere e videre, así como entregue 12, entrego 23 (no 2º), onde vemos unha alternancia na vogal final do participio irregular. Tamén interesa resaltar a presenza das formas procedentes do participio en -utu, que se mantiveron nos primeiros tempos do idioma: conusçuda 1, 5 (no 2º), endusuda 7, rrecebudo 24, rreçebudas 27, auudo 48 (no 4º). Nos tempos compostos o participio concorda co substantivo en “cousas que auya mandadas” 9 (no 4º), o participio de presente aparece en “as partes presentes et ssentença demandantes” 50 (no 4º) e o xerundio en “vagando a ssee” 29 (no 4º).

8.3. Con referencia aos verbos haber e ser, hai que indicar que o primeiro ten o valor actual de ‘haber' en ouuer 12, 24 (no 2º) e de ‘ter' en auia 5 (no 1º), ey 13, 25, auer 13, 30, 37, auja 31, 36, 38, aya 38 (no 2º), avia 7 (no 3º), auya 9, 12, ouuera 10, auendo 18, auer 26, auudo 48 (no 4º), en alternancia con tijna 12 (no 4º). O segundo ten o valor actual de ‘ser' en est 6, éste 11 (no 1º), sseya 1, 5, éste 16, 42 (no 2º), ffoy 12, he 15 (no 3º) e ffoy 4, fora 16, éste 60, seia 61 (no 4º) e o valor medieval de ‘estar' en “ffoý pressente” 27 (no 2º), “fforon pressentes” 16 (no 3º), “presentes forom” 55, “era bem prouada” 32, “era enbargado doutros ffeytos” 37, seendo 49 (no 4º). Finalmente, destaca o uso de ‘ser + participio' en lugar da forma activa en sun scritas 3 (no 1º), era (...) ffeyto 3-4, sseyades entregue 11-12, sseyades entrego 23 (no 2º), ffeyto ffoy 18 (no 3º), fora endusuda 7, dito é 14, ffora feyto 19), foy negada 23, forom dadas 27, forom (...) ditas 29, foy dito 34, forom ditas 36, 48, foy assignado 40, dada foy 53, foý chamado 59, foy dada dorso (no 4º). Tamén aparecen “estando pressente” 32 (no 2º), estando 3, está 12, esteuo 12-13 (no 3º), estando 30 (no 4º).

8.4. Outros verbos dignos de citar son oýr 40, 43, 49, que segue sendo a forma usual no galego; cometeo 38 e cometera 42, 58 (no 4º), co valor de ‘encargar'; deffendera 17 (no 4º) co valor de ‘prohibir'; as formas antigas parecerom 2, pareçerom 28, 30, 42, 43 ‘apareceron', pareçesem 40 ‘aparecesen' (no 4º); leyxou 4 (no 1º), leyxaua 7 (no 3º) e leyxar 16, leyxasse 11 (no 4º), moderno ‘deixar'; adusesse 15 e aduzer 16 (no 4º), moderno ‘aducir'; liurar 38 e liurasse 39, co valor de ‘resolver'; as formas medievais e hoxe populares condanase 34, 36 e condano 52 (no 4º) e tamén abastasse 25 (no 4º), justiçar 5 (no 3º) e rreuogara 8, 13 (no 4º).

8.5. Con referencia ao verbo hai que indicar a presenza de formas pronominais, como “mandárase ssuterrar” 8, “de sse suterrar (...) “sse se y non mandasse” 12, “se se y non ssuterrase” 13, “que sse ar mandara (...) a ssupultura no dito moesteyro” 14, “u se mandara da primeyra” 14, “poys se ela mandara a Monte de Ramo” 18, “obrigo[u]sse a prouar” 25 (no 4º). Resulta máis estraña a presenza de se en “jasendo doente daquela door que se finou” 4 (no 4º) e en “eeste dia pela manaa que se ffuy a Querugaes” 3, fronte “entón ffuy aa prigón do conçello” 6 (no 1º). Para a colocación do verbo véxase o § 17.3.

9. Dos substantivos, alén dos xa citados nos parágrafos anteriores, debo facer referencia ao cultismo notario 2 (no 1º), 15, 27, 28, 40 (no 2º), 2, 10, 13, 20, 21, 22 (no 3º), 5, 58 (no 4º), sempre usual nos documentos galegos, que se decidiron por esta palabra e non por tabeliom. Tamén foron sempre formas usuais nos textos galegos e seguen hoxe vixentes scriuán 2, 8, escriuán 10 (no 1º), escriuán 15 (no 2º) ‘escribán', rregistro 16 e conffessón 36 (no 2º), hoxe popularmente confesón. Para o derivado de vicariu o 4º texto decidiuse por vigario 1, 21, 26, 28, 30, 33, 35, 37, 42, 45. A forma dízima 12, 23, 29 (no 2º) alterna con outras na época medieval e despois caeu en desuso. Outros substantivos hoxe en desuso son ffronta 9 ‘requirimento, denuncia', xunto á forma verbal ffrontando 3 ‘requirindo, pedindo con instancia, denunciando' (no 1º), mua 7, enduzemento 9, 19, torto 13 ‘dano, agravio', rresponsões 47 ‘respostas', esleyto 57 ‘electo', verbo ou uerbo 59 ‘palabra' (no 4º) e alffayate 3 (no 3º), alfayate 56 (no 4º), máis tarde substituído na lingua por xastre. Citemos tamén no 3º texto quintaffeyra 1, geonlos 3, tauerneyro 18, os arabismos alcaçaua 13 e alcayde 4, 9, o uso de don unido a frei en “don ffrey Gonçaluo” 14 e a barbaridade que significa poñerlle ao condenado a morte unha “cadẽa na garganta” 4 e “huns fferros nos pees” 4. No 4º texto temos cousas 9, 22, 33, 51, forma actual galega, o galicismo chantre 30, 37, 42, 45, 57, coa variante para o singular chantres 58, deffendemento 19, co valor de ‘prohibición', rreuogamento 9, produções 26 e ssee 29 ‘sé'.

10. Entre os adxectivos destaca a forma antiga ssetenbras 21 (no 2º), asociada a caendas, o cultismo público 2 (no 1º), 2, 21 (no 3º) e o medieval leterados 49 ‘letrados' (no 4º). Un caso dubidoso ofrécenolo a forma ssemelláuile 22 (no 3º), pois en lugar de uil con trazo, que é como interpretei a abreviatura, podería pensarse que está escrito ul cun trazo e ler “ssemellauel”. As dúas posibilidades alternan con outras moitas nos textos galegos medievais, pois hai formas rematadas en -vil, -vile, -vili, -vel, -vele, -bel, -bele, -ble e -bre. Como comparacións destacan “tanbén ... como” 12, 13-14, 23, 25 e “ante ca outren” 37 (no 2º).

11. Uso do artigo. Nos textos medievais non está regularizado o uso do artigo e por iso nestes textos temos casos non que se usa fronte a outros nos que está ausente. Por exemplo, no 1º texto hai casos con artigo, como en “das testimoyas” 3, “pela manaa” 3, “na prigón do conçello” 4, “ffuy aa prigón do conçello” 6, etc., e outros moitos nos que falta, como en “en presença de mjn” 1, “en mia presença” 10, “de mao de” 2, “en seu alffoz” 2, “podar sas uinas con seus amigos” 4, “en poder de” 4, “andador a que o deron a gardar” 8, “de meu offiçio” 9, “meu ssigno” 11. Igual pasa no 2º texto, no que temos con artigo “tódolos outros dereitos” 13, 24-25, “no meu rregistro” 16, “o dito juys” 30, “ao dito Maçia Martiis” 31, “os ditos prazos” 35, etc. e sen artigo “per todos meus bẽes” 8, 20, “ata dia de” 9, “tantas de mjas peñoras” 10-11, 22, “meu ssigno” 16 e “meu signo” 42, “como manda fforo et dereito” 32, “en sseu térmjño” 38, “en mia presenca” 41. No 3º temos artigo en “del rrey” 2, 21, “a par da torre” 12, etc. e falta en “en presença de mjn” 2, “ffazia ssua manda” 6, “ssupultar sseu corpo” 8, “ffiz meu ssino” 15, “en lugar de” 20 e compárese a diferenza entre “Johán da Costa” 17 e “Johán de Naue” 2-3, 6, 15. No 4º hai numerosos casos, pois temos artigo en “da hũa parte” 2, 29-30, 36, “da outra” 3, 30, 36, “o dito testamento” 8, “u se mandara da primeyra” 14, “no dito seu moesteyro” 18, “feyto aa dita dona Jnés” 19, “pelos ditos das suas tistimoyas” 31-32, “ffesera aas suas posições” 32, etc. En cambio, falta frecuentemente co posesivo, como pode verse en “ffesera sseu testamento” 4-5, “ssuterrar seu corpo” 5, “contra sua uoentade” 7, “de sseu consello” 8, “enuyou sseus monges” 15, “fora ssua voentade” 16, “et seus clérigos” 20, “de sa sopultura” 22, “deu suas pitições” 24-25, “prouar sua entençom” 27, “pidia en sua pitiçom” 33, “non prouaram sua entençom” 35, “con todas suas perteenças” 38, “en mjna presença” 59, “et meu sinal y puge” 59, “puge aquí meu seelo” 61, “mandou supultar seu corpo” (no dorso), mais tamén en “en nome dos ssobreditos” 3, “en juyso” 2, “en presença do...” 10, “contra deffendemento do abbade” 19, “de parte do...” 23, 26, 34, “oýr sentença” 40, “contra voentade da dita dona” 19, etc. Falta coa preposición per en “aquelas tistimoyas per que entenderom a prouar sua entençom” 27.

11.1. As formas do artigo indeterminado que aparecen son huns 4 (no 1º) e hũa 16 (no 2º), 4 (no 3º).

12. Nos demostrativos é importante a forma esto 12, 24 (no 2º), 12 (no 3º), 55 (no 4º), desto 8 (no 1º), 28 (no 4º), maioritaria nos textos galegos.

13. Os posesivos presentan maioritariamente as formas plenas, tanto se van seguidos do substantivo coma se son autónomos. Aparecen meu 9, 11 (no 1º), 16, 42 (no 2º), 15 (no 3º), 59, 61 (no 4º), meus 8, 20 (no 2º), mia 10 (no 1º), 41 (no 2º), mjna 59 (no 4º), mjas 11, 22 (no 2º), seu 2 (no 1º), 5, 10, 18, 51, 53 (no 4º), sseu 30, 37, 38 (no 2º), 8 (no 3º), 5, 8 (no 4º), seus 4 (no 1º), 20 (no 4º), sseus 15 (no 4º), sua 6 (no 1º), 7, 27, 33, 35 (no 4º), ssua 6 (no 3º), 16 (no 4º) e suas 24, 32, 38 (no 4º). Xunto a elas aparecen as formas reducidas sa 22 (no 4º) e sas 4 (no 1º) seguidas de substantivos. O posesivo no propio latín comezou a distinguir entre formas plenas (sua) e formas átonas (sa) e, aínda que en romance triunfaron as formas plenas, na época medieval e posteriormente documéntanse bastantes casos das formas reducidas, especialmente de sa. Para o uso co artigo véxase § 11.

14. Entre os cuantificadores algúns van seguidos do artigo e do substantivo, como “ánbalas partes” 30, 36, 48 (no 4º), “d'ánbalas partes” 24, 47 (no 4º), “tódalas cousas” 22, 51 (no 4º); outros do posesivo e do substantivo, como “todos meus bẽes” 8, 20 (no 2º), “todas suas perteenças” 38 (no 2º), ou dun artigo, un indentificador e o substantivo, como “tódolos outros dereitos” 13, 24-25 (no 2º). A forma todo pode ir sen substantivo: “a todo ffoý pressente” 17, “posséronno todo” 29 (no 2º), “leyxaua o que avia todo” 7 (no 3º), “a ffige toda escriuir” 59 (no 4º). O negativo ningunha vai posposto ao substantivo en “ssen vssura njnhũa” 8, 20, “ssen cõomja njnhũa” 11, 23 (no 2º); ademais na expresión njnhũa coussa 14, njnhua coussa 25 (no 2º) ten o valor de ‘nada'. Outros cuantificadores son cada (no 2º “cada dia” 9, 21, no 4º “cada hũa das partes” 46), moytas (no 4º “moytas rrasões” 29, 36, “moytas rrazões” 48), mays 33, 39 (no 2º), 61 (no 4º), hũa e outra (no 4º “da hũa parte” 2, 29-39, “da outra” 3, 30). Por outra parte, destacan tanto e tantas nas expresións “quen tanto desse nen mays” 39 e “tomedes tantas de mjas peñoras” 10-11, 22 (no 2º).

15. Como identificadores merecen especial atención atal 60 e outre 8 (no 4º), outren 37 (no 2º), que alternan respectivamente con tal 11 (no 1º), 4, 16, 42 (no 2º), 15, 22 (no 3º) e outros 15, 26, 40 (no 2º), 13 (no 4º). O identificador outro pode ir seguido do substantivo: outro 16 (no 2º), outros 13, 24 (no 2º) e doutros 37 (no 4º). Citemos tamén çerto (no 4º “a termjo çerto” 40) e mesmo (no 1º “eeste dia messmo” 5).

16. Nos numerais, alén dos citados no § 7.4.1, interesan as formas çent 29 e çent et çinco 34-35 (no 2º), que levan un trazo sobre a palabra, e a diferencia na concordancia entre “mill et trezentos et sseteenta anos” 1 e “mill et CCC et ssetenta et hun ano” 19 (no 3º), pois no segundo exemplo ano está en singular debido a que concorda con hun e non co número completo. As formas un, unha están tamén en hun 8 (no 2º), vn 4, 28 (no 2º) e hũa 7 (no 4º).

17. No pronome persoal cómpre sinalar as formas el 12, 15 (no 4º), ela 10, 15, 16, 18, 20 (no 4º), elas 25, 28, 47, 48 (no 4º), del 8 (no 1º), 14, 25 (no 2º), 51, 53 (no 4º), deles 4 (no 2º), delas 47, 53 (no 4º), lle 12, 33, 34 e lles 40 (no 4º), que se combina no singular coas formas átonas a e o en lla 16, llo 35, llos 35 (no 4º) e que destaca no uso como dativo de interese en “pidio ao vigario que lle julgase as cousas que pidia (...) et lle condanase a outra parte nas custas dereitas” 33-34 e “pidio ao vigario que llo julgasse asý per sentença et llos condanase nas custas dereitas” 35-36 (no 4º) e tamén na combinación de se con o (> xo) en “non sabe quen xo posso ffora da prigón” 6 (no 1º). Como reflexivo aparece consigo en “mandara y consigo herdamentos” 6, “mandara y conssigo aquelas cousas” 8-9 (no 4º).

17.1. Nos textos medievais é frecuente o uso da forma tónica con preposición en lugar da átona correspondente, como se ve en “que deuo a uós” 6, 18 (no 2º), xunto a casos de alternancia, como en “en presença de mjn” 1 (no 1º), 2 (no 3º) e “en mia presença” 10 (no 1º), “en mia presenca” 41 (no 2º). Outras veces está o pronome persoal en casos nos que podería aparecer o posesivo: “as tistimoyas dadas et os ditos delas pobricados” 47, “en nome del” 51, 53, “reseruo a tayxaçom delas en mjn” 53 (no 4º). A forma min úsase frecuentemente precedida de preposición, como en “cometeo este preito (...) a mjn” 38, “rreçebese en mjn este preito” 42, “asigney termjo aas partes en que vẽessem ante mjn” 43, “reseruo a tayxaçom delas en mjn para despoys” 53, “rreçebj en mjn este preito” 58 (no 4º).

17.2. Como fórmula de tratamento para a 2ª persoa aparece sempre uós 6, 7, 18, 19, uos 8, 10, 20, douuos 10, 22, pagaruos 14, 25 (no 2º) e o tratamento de don acompaña a determinados nomes. Aplícase a persoas que teñen un cargo importante, como “dom Gonçaluo” (bispo) 1, 31, “dom Gonçaluo Núnez” (bispo electo) 57, “dom Pedro de Barreyros” (chantre) 30, 44-45, “dom Pedro Uaasques” (arcediago) 28, ou mesmo “dom ffrey Johán” 2 (abade), “dom abbade de Monte de Rramo” 15 (todos no 4º) e “don ffrey Gonçaluo, abbade” 14 (no 3º), mais négaselle a “Pero Gonçáluez” 3 (abade de Torbeo) (no 4º). Os monxes, polo regular, non levan ningún tratamento, como en “ffrey Domjngo” 5, “ffrey Domjngo Fferro”18 (no 2º), “o dito frey Ffernando” 3, 24, etc. (no 4º). Tampouco se lle aplica ao xuíz “Martín Ffernandes” 30 (no 2º), mais si aos xudeus “don Jacob” 3, 6, 18, 29 e “don Elias” 3, 6, 18 (no 2º). Tamén o levan as persoas de clase social alta como “dona Jnés” 4, “dona Ynés” 29, “dona Eynés” 6, 11, 13, 14-15, 17, 19-20, 20, 51 e no dorso (no 4º). Estraña que non leve don o seu marido “Pero Uaasques” 4, “Pero Vaasques” no dorso e que o leven seus pais “dom Lopo Affonso et dona Tereyia Áluarez” 6, “don Lopo Afonso et dona Tereyia Áluares” no dorso e súa avoa “dona Tereyia Uaasques” 6, “dona Tereyia Vaasques” no dorso (todos no 4º).

17.3. Na época medieval hai a tendencia a colocar o pronome átono antes do verbo, sempre que preceda unha palabra na que se poida apoiar. Son casos como “de uos pagar” 8, 20, “sse uos a este prazo non pagar” 10, “sse a y ouuer” 12, 24, “que njnhũa cousa me non valla” 14 e 25 (no 2º), “que lle el dera” 12, “sse se y non mandasse” 12, “que lle non dariam outros” 12-13, “se se y non ssuterrase” 13, “non lla quiso dar” 16, “poys se ela mandara a Monte de Rramo” 18, “que llo julgasse asý per sentença et llos condanase” 35-36, “que (...) o liurasse per sentença” 39, “sigundo que mo o chantre (...) cometera” 42, “sigundo que mo o dito chantres cometera” 58 (no 4º). Nalgúns destes exemplos podemos ver intercalación de palabras, co que o verbo tende a desprazarse á posición final, cousa que se produce noutros moitos casos, como en “a quen este prazo por uós mostrar” 6, 18-19, “que de uós rreçebj” 7, 19, “que por mjn ey” 13, 25, “esta carta en mia presenca ffiz escriuir” 41 (no 2º), “sigundo o dereito manda” 23, “como o dereito manda” 24, “que forom ant'el ditas” 29, “ssigundo que o dereito manda” 52, “tistimoyas que a esto, chamadas et rrogadas, presentes forom” 54-55, “que a esta sentença foý chamado” 59 (no 4º).

18. Como relativo é interesante o medieval u (tamén escrito hu), máis tarde desprazado polo moderno onde, que aparece en “que está hu esteuo a alcaçaua” 12-13 (no 3º) e “Monte de Rramo, u se mandara da primeya” 14 (no 4º). O moderno o cal aparece coa forma o qual 9 (no 4º), que se combina coa preposición en nas formas no qual 5 (2), 40, no (o) qual 43 (co o repetido por erro), enno qual no dorso (no 4º). No plural temos os quaes 28 (no 2º) e coa preposición nas quaes 26 (no 4º). Para canto temos a forma quanto nas expresións “saban quantos” 1 (no 1º), “sábeam quantos” 1 (no 4º), “cada dia, quantos dias passaren” 9-10, 21 (no 2º), “obrigo[u]sse a prouar quanto abastasse a entençom” 25 (no 4º). Outros relativos son quen 6 (no 1º), 33, 39 (no 2º), que vai precedido da preposición a en a quen 6, 18 (no 2º), e o moi usado que: 3, 5, 11 (no 1º), 7, 9, 13, 16, 19, 21, 25, 27, 38, 41, 42 (no 2º), 5, 12, 13, 15, 16, 21, 22 (no 3º), 4, 9, 12, 13, 19, 22, 26, 29, 32, 33, 36, 40, 48, 51, 54, 57, 59, 60 (no 4º). Que vai precedido do artigo en o que 31 (no 2º) e 7 (no 3º), da preposición a en “andador a que o deron a gardar” 8 (no 1º), da preposición per en “aquelas tistimoyas per que entenderom a prouar sua entençom” 27 (no 4º) e da preposición de en “vinte et çinco morauidís de dineiros nouos portugeeses, de que contan dez et sseys par tres morauidís” 6-7 (no 2º).

19. Adverbios. Como adverbio de tempo o máis usado é depoys 10, 13, 15, 21, 28, 29, 36, 48 (no 4º), que alterna con despoys 53 (no 4º) e ten o valor de ‘ademais' en “et depoys que ffaria gram torto a Torueo se se y non ssuterrase” 13 (no 4º). Outros adverbios son entón 6 (no 1º), ora 34 ‘agora' (no 2º) e agora 38 (no 4º), xunto ás locucións a esta ora 6 (no 3º) e logo essa ora 11, aa sazom 2 ou aa ssazom 29 (no 4º) ‘entón, daquela, nese momento', e a expresión comparativa “ante ca outren” 37 (no 2º). Como adverbios de lugar temos aló 9 (no 3º) e co valor de ‘alí' a forma pronominal reducida en (variante de ende) na expresión “porque tijna én casares que lle el dera” 12 (no 4º), así como y 7 (no 1º), 6, 8, 12, 13 (no 4º), forma que equivale a ‘aí' en “sse a y ouuer” 12, 24 (no 2º) e a ‘aquí' ou ‘nel/nela' en “este ssigno ssemelláuile do dito notario y ffijs” 22 (no 3º) e “et meu sinal y puge” 59 (no 4º). Hai que citar tamén a expresión “delo prazo en deante” 10 (2), 21, 22 (no 2º) e a locución conxuntiva huquer que 11, 22 (no 2º). Ademais, como reforzo pleonástico, que podemos interpertar co valor de ‘de novo', aparece ar en “et depoys que a dita dona Eynés rreuogara o dito testamento (...) que sse ar mandara aa pustremeyra uoentade a ssupultura no dito moesteyro” 14 (no 4º).

20. A preposición a aparece con certa regularidade, como en “rrogara ao dito Pedro Uaasques” 10, “disera (...) aa dita dona Eynés” 11 (no 4º), mais hai algún caso no que non está presente. Compárese “pedio a este Martín Ffernandes” 30 (2º texto) con “leyxou André” 4 e “non achou este André” 5 (no 1º) ou “que non rreçebese a dita don Eynés en essa jgleia” 17 (no 4º) con “rreçebeo esa dona Eynés na jgleia” 20 (no 4º). En “que deuya a auer de dereito” 26 (no 4º) aparece a nun uso que alterna nos textos medievais con de. Esta preposición pode seguir a verbos, como en “obrigo[u]sse a prouar quanto abastasse a entençom” 25 (no 4º), mesmo en casos nos que hoxe teriamos outra construción, como en “per que entenderom a prouar sua entençom” 27 (no 4º) ‘entederon que probarían'.

20.1. Entre outras preposicións podemos citar ata 9, 20 (no 2º) e a interpretación da abreviatura correspondente como pera 12, 24 (no 2º) ou para 16, 49, 53 (no 4º), coa dúbida na acentuación, pois podemos ler ata, pera, para ou atá, perá, pará. Como derivados do latín per e pro temos en romance respectivamente per e por: per 8, 16, 20, 31, 37 (no 2º), 15 (no 3º), 5, 8, 21, 27, 35, 39, 44, 50 (no 4º) e por 6, 13, 18, 25, 28, 33, 34, 37, 41 (no 2º), 5 (no 3º) 10, 11, 15, 22, 39, 51 (no 4º). As dúas preposicións alternan nos textos medievais e van seguidas do artigo nas formas pela 1, 31, pelas 32, pelo 7, pelos 31 e pola 58 (no 4º). Entre outros exemplos do seu uso podemos citar “outorgo per todos meus bẽes de uos pagar” 8, 20, “mandoulle vender o que auja per Rrodrigo” 31 (no 2º) e “ffesera sseu testamento per Johán de Rrauãal” 4-5, “ou per outre” 8, “mandase per sentença” 21, “por rrazom de” 22, “juys (...)dado per dom Pedro” 45, “o preito concluso per ánbalas partes” 48 (no 4º). Ademais, destaca o uso de en nas frases “desto en como pasou” 8 (no 1º), “ffeyto en tal tenor” 4, 16, “d'oyto en ssoldo o morauidí” 19, “d'oyto en ssoldo” 35, “da oyto en ssoldo” 33-34 (no 2º), “estando en geonlos” 3 (no 3º), “asigney termjo aas partes en que vẽessem ante mjn” 43, “sentença que foy dada en como dona Eynés (...) mandou supultar seu corpo” (no 4º). Tamén debemos citar o uso da preposición de en lugar de por en “era enbargado doutros ffeytos” 37 (no 4º) ) e na expresión aver de co valor de ‘ter que' en “que o auia de gardar” 5 (no 1º) e “auja d'auer o sseu” 36-37 (no 2º), así como a alternancia de perante 8 (no 1º), 2 (no 2º) e ante 4 (no 3º), 1, 28, 30, 40, 42, 43 (2) (no 4º) e a locución prepositiva a par da 12 ‘onda a' (no 3º).

21. Como conxuncións ou locucións conxuntivas pódesen citar as temporais ata que 11, 23 (no 2º), quando 10 e depoys que 13 (no 4º), a modal en guysa que 8, 37-38 ‘de maneira que' (no 4º), a final por que 61 ‘para que' (no 4º), diferente á causal porque 10, 12, 37 (no 4º), a concesiva pero que 34 ‘aínda que' (no 2º), a proporcional sigundo que 42, ssigundo que 52, 58 (no 4º) e o uso de poys como causal en “nenna ssuterrase no dito seu moesteyro de Torueo, poys se ela mandara a Monte de Ramo” 18 (no 4º). A máis usada como subordinante é que 6, 7 (no 1º), 6, 10, etc. (no 2º), en dúas ocasións repetida (no 1º texto na liña 3 e nas liñas 8, 9). Ten valor final en “depoys foy el por ela, que a adusesse a Monte de Rramo” 15 (no 4º) e podémola interpretar con este mesmo valor en “que visse et exsaminase o proçeso” 39, 57 (no 4º). Tamén aparece con frecuencia como, que pode ser relativo ou conxunción modal. Aparece, por exemplo, en “que os trouxesse ao leylán, como manda fforo et dereito” 32 (no 2º), “o liurasse per sentença como achasse por dereito” 39 (no 4º), etc. Vai coa preposición en en “desto en como pasou” 8 (no 1º) e “Sentença que foy dada en como dona Eynés (...) mandou supultar seu corpo” no dorso (no 4º) e podería substituírse por que en “Saban quantos esta carta uiren como” 1 (no 1º), “Conusçuda coussa sseya como” 1, 5 e tamén 17 (no 2º) e “sábeam quantos esta carta virem como” 1 (no 4º).

22. Nomes e apelidos. Entre os nomes destacan no 2º texto Elias 3, 6, 18 e Jacob 3, 6, 18, 29, nomes bíblicos que teñen os dous xudeus, así como Maçia 5, 17, 31, 33, 36, 38, Durán 15 e Padrón, que aparece na liña 15 como nome e na 27 como apelido. Como nome tamén está Durán 2, 11, 13 no 3º texto. No 4º podemos citar o nome Tereyia 6 (2), unha das varias formas que adopta nos documentos medievais. Dos apelidos os máis interesantes son Garganta 9 (no 1º), que de alcume pasou a apelido, do Viño 14, 39, Mouro 15, Fferro 18, Cariyo 26, Fforneiro 26, Montourís 26, André 27, 28, 40, Espiga 39, (Affonso) de Gaança 39 (fórmula que designa nun principio a un fillo de solteira), Aluelo 40 e Rruujo 40 (no 2º), de Naue 3, 6, 15, Beya 4, 9, Paez de Bema 5 e Gondulffes 11 (no 3º), Uiuiãez 1, Viuiaez 56 e de Barreyros 30 (no 4º). Un alcume está en Lopo Peres Parella 17 (no 3º) e hai dúas testemuñas que son coñecidas por un sobrenome: G. P., dito Tostado 55 e P. E., dito das Pias 56 (no 4º).

 

Referências

Lorenzo, R. (1988). Consideracións sobre as vocais nasais e o ditongo -ão en portugués. In D. Kremer (Ed.), Homenagem a Joseph M. Piel por ocasião do seu 85º aniversário (pp. 289-326). Tũbingen: Max Niemeyer Verlag.         [ Links ]

Lorenzo, R. (2004). Edición de documentos medievais. Problemas que presentan algunhas abreviaturas. In R. Álvarez & A. Santamarina (Eds.), (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza (pp. 449-458). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.         [ Links ]

Maia, C. de A. (1986). História do Galego-Português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI (Com referência à situação do galego moderno). Coimbra: Instituto Nacional de Investigação Científica.         [ Links ]

Creative Commons License Todo el contenido de esta revista, excepto dónde está identificado, está bajo una Licencia Creative Commons