SciELO - Scientific Electronic Library Online

 
 número40Galicia and Portugal. A fruitful courtship. New strategies for a Euroregion and Eurocity identityHumanité et travail à bord des navires : Pour une élévation du bien-être des gens de mer au rang de droit fondamental índice de autoresíndice de assuntosPesquisa de artigos
Home Pagelista alfabética de periódicos  

Serviços Personalizados

Journal

Artigo

Indicadores

Links relacionados

  • Não possue artigos similaresSimilares em SciELO

Compartilhar


População e Sociedade

versão impressa ISSN 0873-1861versão On-line ISSN 2184-5263

População e Sociedade  no.40 Porto dez. 2023  Epub 20-Jan-2024

https://doi.org/10.52224/21845263/rev40a7 

Dossier Temático

O galego como parte do sistema lingüístico cultural galego-português ou por que Fernando Venâncio non ten razón?

Galician as part of the Galician-Portuguese cultural and linguistic system or why is Fernando Venâncio not right?

1Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Departamento de Economia, Sociologia e Gestão, Portugal.

2Centro em Rede de Investigação em Antropologia (CRIA), Lisboa, Portugal


Resumo

Entre o contínuum lingüístico e cultural galego-portugués hai moito ruído institucional (Torres Feijó e Samartim, 2018) que é preciso silenciar. O ruído é entendido aquí como unha falla na comunicación provocada por un conxunto de obstáculos entre Galiza e Portugal, que traban a fluidez da relación e incluso chegan a impedir esta (cf. Quiroga, 2016). Ou desde unha perspectiva complementar, a identidade galega é sempre posta en causa en Portugal (García González, 2012; Pazos-Justo, 2016, p. 9). Porén, e como dicía Manuel María: “Se ollamos un mapa da península ibérica podemos comprobar que Galiza forma parte da súa cara atlántica. Galiza é, como se dixésemos, a cabeza de Portugal” (María, 2010, p. 14). O meu argumento chave neste texto é que a lingua e a cultura galegas fan parte do sistema lingüístico e cultural galego-portugués, e desenvolverei esta perspectiva culturalista integracionista a partir de un diálogo crítico e dialéctico coa obra de Fernando Venâncio titulada “Assim nasceu uma língua”.

Palabras chave: Contínuum Lngüístico e Cultural Galego-Portugués; Fernando Venâncio.

Abstract

Between the Galician-Portuguese linguistic and cultural continuum there is a lot of institutional noise (Torres Feijó and Samartim, 2018) that needs to be silenced. The noise is understood here as a failure in communication caused by a set of obstacles between Galicia and Portugal, which block the fluidity of the relationship and even prevent it (cf. Quiroga, 2016). Or from a complementary perspective, Galician identity is always called into question in Portugal (García González, 2012; Pazos-Justo, 2016, p. 9). However, as Manuel María said: "If we look at a map of the Iberian Peninsula, we can see that Galicia is part of its Atlantic side. Galicia is, as we say, the head of Portugal" (María, 2010, p. 14). My key argument in this text is that the Galician language and culture are part of the Galician-Portuguese linguistic and cultural system, and I will develop this integrationist culturalist perspective from a critical and dialectical dialogue with Fernando Venâncio's work entitled "Assim nasceu uma língua" .

Keywords: Galician-Portuguese Cultural Linguistic Continuum; Fernando Venâncio.

Introdución

“...no dice mal el portugués lenguaje, pues se distingue poco de la lengua gallega” (Calderón de la Barca, 1684).

“...o galego y-o portugués son duas formas dialeutais do mesmo idioma: esto indica que nos temos um maor parentesco con Portugal do que con Castela” (Vicente Risco, 1920; publicado en Risco, 2000, p. 20).

“Não há uma lingua portuguesa, há línguas em português” (José Saramago, 2004, en documental “Língua - vidas em português”, de Victor Lopes, ver en: https://www.youtube.com/watch?v=b7cIiiHmFI8&t=47s )

Neste texto vou tentar apagar o ruído institucional e identitario que hai entre o contínuum lingüístico e cultural galego-portugués do que falan Elías Torres e Roberto Samartim (Torres Feijó e Samartim, 2018). O ruído é entendido aquí como unha falla na comunicación provocada por un conxunto de obstáculos entre Galiza e Portugal, que traban a fluidez da relación e incluso chegan a impedir esta (cf. Quiroga, 2016). Ou desde unha perspectiva complementar, a identidade galega é sempre posta en causa en Portugal (García González, 2012; Pazos-Justo, 2016, p. 9). Porén, e como dicía Manuel María: “Se ollamos un mapa da península ibérica podemos comprobar que Galiza forma parte da súa cara atlántica. Galiza é, como se dixésemos, a cabeza de Portugal” (María, 2010, p. 14).

Nunha reseña crítica longa vou argumentar, desde unha perspectiva culturalista e integracionista, como a lingua, pero tamén a cultura galegas, fan parte do sistema lingüístico cultural galego-portugués (cf. Pensado Tomé, 1985; 1991; Núñez Seixas, 1993; 2001; Rodríguez Cruz e Lourenço Fontes, 2004; Mariño Ferro, 2009; Martínez Lema, 2018; Samartim e Pazos-Justo, 2019; Torres Feijó, 2019a, 2019b; Risco, 2000; Henríquez Salido, 2021; Villares, 2022; 2023; Freixeiro Mato, 2023), especialmente a partir dun diálogo coa última obra do historiador da lingua portuguesa Fernando Venâncio (2020). Vai ser un diálogo dialéctico de converxencias e diverxencias co pensamento e interpretacións do propio autor. O que pretendo desta forma é focalizar a problemática lingüística e cultural do galego e da Galiza desde a galegolusofonía ou en relación con ela, mostrando as liñas de pensamento e os relatos científicos, ideolóxico e políticos máis comúns e que ao meu ver son resultado de esquemas de pensamento diferentes sobre a identidade galega.

Lonxe dunha situación atomista radical, entendemos por sistema lingüístico (Hallyday e Webster, 2009; Barlett e O´Grady, 2017; Thompson et al., 2019) o conxunto de elementos lingüísticos e de estruturas interdependentes que compoñen unha lingua e as súas variedades, isto é, un conxunto de regras de forma, contido e uso da lingua nas súas falas e sociolectos. Este sistema está asociado a contextos culturais, económicos e políticos específicos, por iso o léxico (vocabulario), a gramática, a sintaxe, a fonoloxía, etc. están ligados a usos semánticos sociais e culturais específicos: ideacionais, interpersoais e textuais. Os sistemas lingüísticos son dinámicos, históricos, porosos e responden a lóxicas sociopolíticas complexas. Todo sistema lingüístico é un mercado e unha afirmación político-identitaria. No caso do sistema lingüístico galego-portugués afirmamos, que non é só un invento de políticos, lingüistas, intelectuais e científicos, senón dos seus falantes e usuarios, e no seu interior existe unha rede social de axentes e institucións cada vez máis ligada, tendo como base unha historia común e unha estrutura semántica compartida que envolve variedades e diversidades como sucede en todo sistema lingüístico.

Discordo aquí da acusación fácil e miope que o historiador Ramón Villares dirixe ao lusismo e ao reintegracionismo lingüístico do galego no portugués (Carvalho Calero, 1990), considerados por el movementos bloqueadores e de efectos paralizantes dunha aproximación decidida a Portugal (Villares, 2017, p. 111). Discordo tamén aquí daqueles textos e autores que interpretan, deturpando a Historia, a relación histórica e lingüística entre a Galiza e Portugal en termos estatalistas fechados, diferencialistas (dúas linguas diferentes), separatistas e nacionalistas. Discordo igualmente dos que destacan as guerras e os conflitos sen ponderar a existencia de múltiplas cooperacións, reciprocidades, redes e solidariedades. Un exemplo paradigmático disto último é o texto (cheo de mitos, prexuízos e estereotipos) dunha exposición do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular que paso a citar:

A Região Norte de Portugal e a Comunidade Autónoma da Galiza são, actualmente, duas realidades territoriais claramente distintas que pertencem a dois dos Estados mais antigos da Europa, parceiros no processo de construção europeia. Mas nem sempre foi assim. A história é testemunha de pretéritos e ferrenhos conflitos entre os dois Estados ibéricos e muito mais atrás, na noite dos tempos, as terras da Euroregião tiveram um mesmo ou, até, diferentes senhores…. Descendentes do latim e filhos da primeira evolução vulgar aquele, o português e o galego de hoje são herdeiros de uma história distinta. (Domínguez, 2004).

Por outro lado, considero que no caso galego, é necesario ser máis reflexivos e prácticos ao mesmo tempo. O historiador Xosé Manuel Núñez Seixas fala de “un mismo estándar lingüístico” para o caso do galego e o portugués (Núñez Seixas, 2001), un capital importantísimo para conectarnos ao mundo, non só da lusofonía (ver documental do programa da TVG Naqueles Tempos, 07- Galicia/Portugal, Encontros e Desencontros I, 25-11-2015, https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-portugal-encontros-e-desencontros).

Neste sentido, o sociólogo holandés Abram de Swaam (2001), de acordo con un criterio de papel, relevancia social e escala da fala de linguas, afirma que no mundo hai diferentes tipos de linguas: a) as linguas centrais amplamente faladas; b) 12 supercentrais (alemán, árabe, chino, español, francés, hindú, inglés, xaponés, indonesio, portugués, ruso e suahili) que son linguas ponte e conectoras entre os falantes das linguas centrais; c) unha lingua hipercentral (o inglés) que é un superconector lingüístico entre linguas e pobos; d) linguas periféricas, marginalizadas e pouco recoñecidas.

Neste marco sociolingüístico mundial, o que temos que ter claro desde Galiza, é que, para alén do español que xa é unha lingua supercentral, o galego debátese entre pensar e facer do galego unha lingua periférica e illada do seu sistema lingüístico cultural ou unha lingua “supercentral” pola súa interelación co portugués, máis alén do diferencialismo e do debate nominalista. Os beneficios sociais, culturais, educativos e económicos son para min evidentes, ao dominar dúas das linguas supercentrais os galegos teríamos un potencial intercultural global moi grande e un capital cultural e lingüístico único.

Fernando Venâncio: Interpretatio

A continuación pretendo analizar con detalle a última obra de Fernando HYPERLINK "#mkp_ref_048" ), quen comeza na súa introdución por afirmar que toda lingua está feita de palabras e que o galego ten unha contigüidade do portugués (Venâncio, 2020, p. 15), pero que hoxe en día hai que discutir se é unha lingua diferente do portugués, unha variedade do portugués ou o portugués unha variedade do galego. A continuación afirma que o portugués experimentou unha “castelanización” do seu léxico, especialmente entre 1450 e 1730, afirmación que vai evidenciar e demostrar empiricamente ao longo do seu libro. A partir de 1730 o portugués vai recibir moita influencia do francés e xa nos séculos XX e XXI do inglés.

Seguidamente afirma que a lusofonía, a galegofonía, o iberismo, a portugalidade e a Portugaliza son construcións ideolóxicas máis ou menos folclóricas e máis ou menos “espertalhões”, algo muy cuestionado en la literatura científica al uso (ej. Taibo, 2015; Cairo Carou, 2018; González Alcantud y González Velasco, 2022; Magalhães, 2023). Ademais, a diferenza de moitos lingüistas prestixiosos como Eugénio Coseriu (cit. en Freixeiro Mato, 2023, p. 36), Venâncio afirma que é unha incongruencia utilizar o concepto de “galego-português” e que é desapropiado falar en “portugués da Galiza”, pois son “investimentos ideológicos ingénous e demagógicos” (Venâncio, 2020, p. 20). No ámbito das designacións da lingua portuguesa parécelle máis adecuado falar en “portugués brasileiro” e “portugués europeu”, algo que a min tamén me parece moi ideolóxico e político. E fronte aos “apóstolos” da unidade da lingua portuguesa el afirma que hai un afastamento da variedade brasileira (ex. você o tem?) relativamente á europea (ex. tu tem-lo?) que se pode observar no vocabulario (corrente, culto e informal), na morfoloxía e na sintaxe diferentes.

Desde o primeiro momento, este lingüista mostra un problema de “frixidez sonora” (Costa, 2023), concepto tomado polo xornalista portugués Daniel Costa de un artigo na “Folha de São Paulo” do brasileiro José Manuel Diogo (ver: https://josemanueldiogo.com.br/), para definir a actitude lingüística de moitos portugueses fronte aos falantes brasileiros de portugués, algo que podemos facer extensivo fronte aos falantes de galego. É dicir, en xeral, os portugueses toleran mal as variedades e variantes lingüísticas do portugués, tal vez por causa do particular proceso de nacionalización vivida en Portugal.

Xa no primeiro capítulo do libro de Venâncio, este contextualiza o portugués como unha lingua romance derivada do latín que se caracteriza por fenómenos particulares como a desaparición do “l” e o “n” entre vocais (ex. “moer, sair, voar, perdoar...”). O primeiro texto escrito en portugués é un documento que data de 1174 e que foi encontrado en 1999, na Torre do Tombo-Lisboa, polo filólogo galego José António Souto Cabo, o que me parece moi revelador e simbólico do grande interese que os investigadores galegos teñen polo portugués, algo que non ocorre en sentido inverso.

No segundo capítulo dise que a latinización da Gallaecia foi moi rápida e que no ano 600 todo o mundo falaba latín. Máis tarde o latín evolucionou cara as linguas romances e a fase inicial do portugués tería unha convivencia de “nn” con “ñ” e “nh”, de “ll” e de “lh”, e ata o século XVI a grafía “geraçom” (hoxe “geração” no portugués e “xeración” na grafía do galego oficial). En 1050 a “lingua do Noroeste” (eufemismo xeográfico que utiliza Fernando Venâncio para referirse ao galego-portugués e que tamén é unha construción ideolóxica e epistemolóxica) espallouse para o sur ata o río Mondego. Pero tamén afirma que Portugal herdou a súa lingua da Galiza, que a primeira lingua de Portugal foi galego, que no ano 1000 eran o mesmo idioma e que só no século XIV se lle dá o nome de portugués á lingua de Portugal. Igualmente afirma que no ano 1400 galego e portugués eran máis semellantes do que na actualidade o portugués de Portugal e o portugués do Brasil.

No capítulo terceiro, Fernanco Venâncio interpreta que no ano 1400 galego e portugués eran o mesmo “idioma”, “nem distinção de dialetos havia” (Venâncio, 2020, p. 83) chega a afirmar creo que esaxeradamente e especulativamente. Esta tese xa tiña sido defendida por outros autores de prestixio como Adolfo Coelho, en 1887, contrariada por autores como Leite de Vasconcelos, para quen galego e portugués terían as mesmas orixes pero que tiñan logo historias separadas e que os fixo diferentes. Caso curioso polo menos é o que presenta aquí o autor analizado, e é a Gramática do Portugués publicada en 2013 pola Fundação Calouste Gulbenkian, na cal o galego e a Galiza non existen no pasado do portugués, explicado por Venâncio pola necesidade de reivindicar unha lingua propia, incomparable e exclusiva. De feito é certo nacionalismo portugués que crea o ideal do nacionalismo lingüístico, isto é, que o portugués naceu co reino de Portugal (nación xa para eles) no século XII, algo eminentemente e cientificamente falso. Esta concepción nacionalista e esencialista da historia adopta unha lectura mítica e non científica da orixe do portugués, que é necesario contrariar.

Fronte a esas visións, especialmente no capítulo cuarto, Fernando Venâncio adopta unha perspectiva evolucionista pero non isolacionista, e afirma que a lingua falada en Portugal entre 1100 e 1400 era “galego” e non “galego-português”. O galego foi a primeira lingua de Portugal, e contrapón así a tese de que o galego foi unha realidade próxima pero non propia de Portugal. Este capítulo cuarto pecha coa frase para pensar “A Galiza complica a arte de ser portugués”, é dicir, a Galiza e o galego cuestionan a visión nacionalista, independentista e mítica da identidade colectiva portuguesa. Sendo unha cuestión que crea certo desconforto entre algunhas elites portuguesas, ás cales lles custa asumir unha visión científica, crítica e ponderada da súa historia, creando estas unha historia e realidade paralelas que se reproducen (ex. nos manuais escolares) ata parecer verdadeira e converterse nunha crenza (cf. Pereiro e Silva, 2000).

O capítulo cinco trata do que el chama ruptura co Norte, é dicir, das diferenzas construídas entre galego e português, a desgaleguización do portugués desde o século XV (ex. abandono de che, cho, cha, pola, todolas, cousa, dous, chuiva, fruita... e síncope do “d” intervocálico: fazeis por fazedes); e súa desruralización desde 1400 (Venâncio, 2020, p. 104). Lisboa vaise converter en novo centro político, o sur gaña e impón un patrón lingüístico (ex. “a” fechado en abelha, telha, grelha... fronte a “a” aberto no Norte), a nobreza do Norte perde poder e esquécese a Galiza. Pero a pesar diso, no Minho portugués seguen conservando formas galegas (ex. auga, cando...), como tamén ocorre en Trás-os-Montes e Alto Douro (cf. Dias e Tender, 2005; Sánchez Rei, 2022).

E Fernando Venâncio aporta datos moi importantes para este debate: hai 230 verbos comúns en galego e portugués, só 10 verbos exclusivos en galego (derivados do latín) e só 13 exclusivos en portugués. En relación con estes 13 verbos, só 2 deles (engelhar e engonhar) non aparecen no Dicionario Estraviz (ver: https://www.estraviz.org/), o que significa que si se utilizaron na Galiza. Polo tanto, cabe interpretar que a tese lexical verbal de Fernando Venâncio fracasa na tentativa de confirmar unha diferenza lingüística radical entre galego e portugués, algo que poderíamos facer extensivo a outros subcampos lingüísticos como a toponimia.

No seguinte capítulo, o sexto, Fernando Venancio vainos presentar as diferenzas ortográficas e fonéticas padronizadas historicamente no portugués. Empeza por afirmar que a partir do século XV o diptongo “ão” se introduce na grafía portuguesa de forma imparable, e xa a partir de 1200 se tiña introducido o til nasal “~” (ex. nação). Pero na Galiza perduraron as terminacións antigas (ex. can, falan, non, entón, chao, vrao, chan, verán, irmao, irmán...), sendo o “n” velar e polo tanto diferente da pronuncia española. No ano 1400 en portugués aínda se escrebe: ocasiom, patrom, consideraçom, liçom, condenaçom, tentaçom, coraçom. Pero tamén: cão e can, capitan e capitão.

En 1540 a gramática de João de Barros critica a grafía “galega” e falar “agalegadamente” (Venâncio, 2020, p. 130). O capítulo sexto pecha cunha crítica aos reintegracionistas galegos centrada na obra de Valentín Fagim “Do ñ para o nh” (Fagim, 2009), que propón adoptar para o galego a grafía portuguesa oficial. Fernando Venâncio critica esta postura: “...propõe importar para a Galiza essa gigantesca disfunção morfológica portuguesa que, originada há 700 anos, nasceu exactamente de uma rejeição dos usos galegos”.

O capítulo sétimo analiza a aproximación que o portugués ten feito do español e a súa influencia histórica nel como modelo lexical e literario. O portugués afastouse do galego e aproximouse do castelán en tempos da dinastía dos Avís (Venâncio, 2020, p. 141). Un exemplo diso é que de 1500 a 1600 o portugués incorporou co castelán uns 248 adxectivos (Venâncio, 2020, p. 146). Ao contrario, o portugués influenciou pouco o castelán, de cada 80 españolismos no portugués (ex. palito, colores, dolores; en vez de pau, cores e dores) hai 1 lusismo no español. E o galego mantívose sen introducir “l” ou “n” intervocálicos, o que leva a Fernando Venâncio a definir o portugués como unha lingua híbrida e promiscua, como se non fosen así a maioría das linguas.

O capítulo oitavo é dedicado ao léxico exclusivo de galego e portugués, segundo Venâncio hai 86 adxectivos comúns e exclusivos ao galego e o portugués. E tamén hai unha grande partilla de adverbios, preposicións, admiracións, pronomes e substantivos, pero tamén de topónimos (ex. 143 “Paradela” na Galiza e 48 en Portugal). Outra contribución importante deste capítulo é a nota da adquisición recente que o galego oficial ten feito de vocabulario do portugués de Portugal (ex. bolseiro, banda deseñada, investimento, orzamento, relatorio, carimbo, chávena, empréstimo, xiria e xuri), o que mostra o contínuum actual entre as dúas linguas e como para o galego o portugués é o seu espello e referencia, ou debería de ser máis aínda, e tamén ao contrario podería ser certo.

O capítulo noveno é do máis polémico e comeza coa pregunta de se galego e portugués son linguas diferentes, que o mesmo autor argumenta do seguinte modo (Venâncio, 2020, p. 174 e ss.):

  1. Hai diferenzas na estrutura gramatical pero partillan outros elementos gramaticais.

  2. O galego é unha lingua intermedia entre o portugués e o español.

  3. Galego e portugués conxugan o infinitivo.

  4. Hai diferentes estatutos políticos para ambos.

  5. Usan ambas artigos con nomes de persoas (ex. O Pepe, O Manel...).

  6. Ambas teñen “e” e “o” abertos e pechados (ex. sede / sede -edificio-).

  7. Ambas teñen preferencia por ditongos decrecentes (es. Outeiro).

  8. Ambas utilizan “estar a + infinitivo” e “estar a + xerundio”.

Estruturalmente son a mesma lingua como afirman lingüistas como Manuel Rodrigues Lapa, Luís Lindley Cintra, Eduardo Paiva Raposo, Maria Helena Mira Mateus, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Francisco Fernández Rei e outros. Pero tamén din algúns deles que galego e portugués son un diasistema (Coseriu, 1981, p. 306), isto é, un conxunto de dialectos e estilos de linguaxe, varios sistemas con contacto entre eles, sen chegar a formar unha lingua unitaria e coherente. Venâncio (2020, p. 180) di que galego e portugués son dúas linguas próximas pero non idénticas, con moitas diferenzas como as formas de tratamento (vós, vostede(s), tu e ti en galego, e tu, vocês e o senhor e a senhora en portugués). “Vós” utilizouse en portugués ata o 1600 e máis no Norte de Portugal, hoxe en día segue utilizándose coloquialmente aínda que o neguen algúns lingüistas menos atentos á realidade da fala e aos usos sociais diversos da lingua do punto de vista social e territorial.

E en relación coa pronuncia, Venâncio (2020, p. 185) di que o galego pronuncia cada vez máis á española, é dicir, con acento tónico e non átono como en portugués (ex. aristócrata, demócrata...). En resumo, galego e portugués son para Fernando Venâncio dúas linguas distintas en grafía, pronuncia e morfoloxía (Venâncio, 2020, p. 185) pero próximas en sintaxe (Venâncio, 2020, p. 186). Finalmente acaba o capítulo dicindo que hai un “comportamento estruturadamente diferente das variedades lingüísticas galegas e portuguesas” (Venâncio, 2020, p. 187).

O capítulo décimo é titulado “o efeito Nogueira” (o deputado Camilo Nogueira falaba galego no parlamento europeo con total normalidade e naturalidade), un capítulo no cal o autor tenta demostrar que galego e portugués non son hoxe a mesma lingua. E digo tenta porque creo que fracasa no intento. Vexamos, comeza por citar ao escritor galego Miguel Anxo Murado e algunhas das súas interpretacións do problema. A primeira é que galego e portugués son dúas variantes de un mesmo idioma, pero que se ven a si mesmas como linguas diferentes e desde Portugal o galego é visto como arcaizante. A continuación, Venâncio (2020, p. 189 e ss.) presenta argumentos lexicais sobre a diferenza do portugués fronte ao galego. Son argumentos con eivas empíricas notables:

  1. Hai 40 palabras portuguesas acabadas en “-idão” (ex. cidadão), terminación que se perdeu en galego, algo discutible nalgunhas zonas da Galiza.

  2. Hai 120 palabras portuguesas acabadas en “-ice” (ex. velhice), terminación case inexistente en galego, pero existe (ver Dicionario de Estraviz: https://estraviz.org/) .

  3. Di que “rapazola” non existe en galego, o que non é certo, a xente do centro da Galiza utilizaba e utiliza co mesmo sentido e significado do que en portugués, pois a lingua non é só palabras e morfoloxía, é semántica e significado social tamén. O argumento lexical, o do vocabulario, é tan fraco, que tanto pode confirmar unha hipótese como outra. Tamén dentro da Galiza hai variedades e diversidades lexicais, pero non por iso podemos considerar cientificamente o galego falado en zonas de Lugo como diferente lingua do galego falado nas Rías Baixas, por colocar un exemplo.

  4. Afirma que os sufixos “-ada” e “-ito” son frecuentes en galego e en portugués, pero a continuación mostra algunhas diferenzas morfolóxicas verbais (ex. andaste / andaches) e conclúe que as diferenzas fonolóxicas, ortográficas e morfolóxicas son suficientes para afirmar que galego e portugués son linguas diferentes.

  5. Di que en galego hai ausencias de vogais e ditongos nasais de consoantes sibilantes sonoras (j, z), algo non ben certo, pois a historia da lingua galega mostra como era habitual ata hai un século e hoxe en día quedou reducido ese trazo a zonas como a Costa da Morte, pola que recomendamos ao autor visitar e falar coas persoas, a ver se se produce nel unha crise de consciencia por vía de un contacto empírico cunha maior diversidade de falantes de galego.

  6. Di que en galego hai unha ausencia de tempos compostos (ex. tenho feito), algo que é matizable, pois hai persoas que aínda os utilizan e era moi frecuente no pasado.

  7. Di que en galego non se usa o futuro de subxuntivo ou conxuntivo (ex. Se eu tiver tempo...), o que é falso. Se ben se utiliza menos do que no pasado, o seu uso é moi frecuente en refráns (ex. Onde fores fai como vires) e ditos populares (ex.: Ata mañá se Deus quixer!) recollidos amplamente por antropólogos e lingüistas galegos nas súas obras.

Os argumentos do diferencialismo do portugués son sustentados nos traballos dos lingüistas galegos Pilar Vázquez Cuesta, Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo, coñecidos isolacionistas do galego, pero tamén no argumento da presión adulteradora do galego polo español (Venâncio, 2020, p. 193). Non se entende ben o que significa adulterar neste contexto, pero o autor parece esquecer que as linguas son dinámicas e o contacto con outras fai mudar estas, como así lle aconteceu ao portugués de Portugal en contacto con o español, o francés, o inglés, as linguas indíxenas brasileiras ou africanas, pero segundo o autor, o portugués está menos adulterado, algo máis do que discutible.

Que argumento científico pode sustentarse desde esa epistemoloxía e nese purismo nacionalista portugués? Pois creo que unha visión etnocéntrica e un discurso ideolóxico político sen unha fundamentación científica máis cabal, ponderada e algo menos colada á ideoloxía nacionalista portuguesa. Cal parece ser o obxectivo? Pois facer desaparecer o galego da historia da lingüística luso-brasileira, operacionalizando a ideoloxía “lusitanista” (Venâncio, 2020, p. 195) como un acto político, redentor e mercantil que se iniciou coa dinastía monárquica dos Avís en Portugal. É desde 1400 que se comezan a rexeitar en Portugal as marcas lingüísticas do Norte, nun intento desgaleguizador da lingua portuguesa e a creación de outro modelo que Venâncio chama de “lingua nova”.

Son hoxe o galego e o portugués o mesmo idioma? Na páxina 198 do seu libro Fernando Venancio di que non sabe, contrariando o dito anteriormente e afirmando seguidamente que galegos e portugueses poden comunicarse como se fose a mesma lingua, dando un exemplo dun encontro entre un galego de Ortigueira e un portugués de Olhão (Algarve). E continuando coa súa navegación, Venâncio (2020, p. 199) sinala que o portugués de Portugal e o portugués do Brasil son dúas variantes do mesmo idioma, pero que están nun proceso de afastamento irreversible. Esta perspectiva divisionista e segregadora da galegolusofonía só enfraquece o noso sistema lingüístico e así continúa o noso autor.

Apoiándose no lingüista galego Francisco Fernández Rei, Venâncio (2020, p. 200) volta a afirmar que o galego é unha lingua románica autónoma, e que no “domínio linguístico do Português” non se debe integrar o galego. Pois, pero se non integran o galego no “dominio” ou “idioma” ou “língua”, que nos expliquen os motivos polos cales a Guinea Ecuatorial foi aceptada como membro observador na CPLP (Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa), sendo que a Galiza tamén permanece aínda como “observador”. Será que hai que ter petróleo para ser recoñecidos como parte da lusofonía ou galegolusofonía?

A continuación, o autor en causa, cambia o seu foco e ataca os reintegracionistas galegos polo seu fracaso na adopción política da súa proposta de normativa para o galego. Venâncio (2020, p. 201) ridiculiza por veces os reintegracionistas e preséntaos como causa de todos os males do galego, unha hipérbole de miras cortas ao meu ver. E para facer algo de penitencia engade: “De quanto se viu até aquí e de quanto se verá, uma conclusão se nos impõe: o galego é o melhor espelho onde o português se pode olhar” (Venâncio, 2020, p. 201).

Máis alén desta bipolaridade, logo Venâncio continuará a insistir nos seus argumentos de diferenza de dúas linguas con castelanizacións diferentes e diverxentes, pero sobre todo con historias politicamente separadas. Algo que se podería tamén dicir de Cabo Verde, Brasil, Angola, Moçambique, Timor Leste, etc.? E outro dos argumentos de diferenza son as vidas separadas durante séculos, algo que é rotundamente falso e para iso relembrar a extensa literatura sobre as históricas relacións transfronteirizas, que non só fronteirizas, entre a Galiza e Portugal (cf. Pereiro, Llana e Risco, 2008; Godinho, Carou e Pereiro, 2009; Gomes Rodrigues, 2013; Cairo Carou, 2018).

A fronteira entre os dous estados ibéricos só se demarcou definitivamente na modernidade no ano 1864 co Tratado de Límites. Os galegos emigraron en tropel ao Porto, o Douro, Lisboa, etc. Os portugueses emigraron e emigran á Galiza durante séculos, por exemplo os monárquicos refúxianse na Galiza coa chegada da República en Portugal. E ao contrario moitos galegos refuxiáronse en Portugal coa Guerra Civil Española, non sen problemas como pon de manifesto a carta de Castelao e Suárez Picallo a Salazar en 1937 (Gomes Rodrigues, 2013).

Galego e portugués son dous sistemas lingüísticos diferentes, afirma rotundamente o autor citado (Venâncio, 2020, p. 202) e máis afirma: “.. é tarde de mais para voltarem a reunir-se galego e português”, obviando que as linguas e os grupos sociais cambian e son dinámicos. E despois do menosprezo e do deseño dunha fronteira infranqueable, o autor afirma nesta obra analizada, de xeito paternalista e patrimonialista: “ainda hoje o português é, em importante medida, o nosso galego”. Máis adiante afirma, tentando evitar críticas evidentes, que o contínuum a nivel dialectal galego-portugués é atenuado en Portugal pola “norma-padrão”. Isto é, dito de outra forma, os trasmontanos están salvos de falar galego (as súas formas dialectais son afíns ás variedades dialectais galegas) grazas á normativa portuguesa nacional. Isto é un argumento salvapatrias, moi ideolóxico e opinativo, pero pouco fundamentado cientificamente ao meu ver.

Outro dos seus argumentos para o diferencialismo é que a política lingüística do galego hoxe levou a un afastamento do portugués. Creo que esta afirmación é fruto do descoñecemento da evolución das políticas lingüísticas galegas. Descoñece aquí o autor a iniciativa Valentín Paz Andrade (Lei 1/2014 de 24 de marzo) de aproximación e ensino de portugués, hoxe normalizado en máis de 200 escolas da Galiza e que en 2023 xa conta con máis de 5000 estudantes (fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40038 ). Por non falar que a inmensa maioría dos profesores de galego, ensinan este en relación co portugués.

O texto avanza, xa sen perspectivas científicas e só opinativas e meramente ensaísticas, por unha psicanálise dos galegos: traumatizados pola guerra civil di o autor, “un bon número de galegos sente-se encerrado em Espanha” (Venâncio, 2020, p. 203), e menos mal que nos queda Portugal e a fronteira de Valença está aberta permanentemente desde 1986... E máis adiante, despois de estudar tan “finamente” os sentimentos supostamente comúns e homoxéneos dos galegos, sorpréndese da pouca popularidade dos movementos independentistas, algo que mostra o pouco informado ou a información superficial con que conta o autor. Máis aínda, cando neste momento o partido líder da oposición no parlamento galego, é o BNG, un partido político a prol da autodeterminación, a soberanía e a independencia da Galiza (ver estatutos de 2016: https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2016/08/17/documentos_xv_asemblea_BNG.pdf), que alcanzou cerca de 30% dos votos, aínda que non todos os votantes do BNG sexan independentistas.

Este capítulo décimo pecha cun novo ataque aos reintegracionistas, aos que define como activistas e non lingüistas, pero tamén como irrealistas e amadores (afeccionados) da lingüística, dando a entender que a superioridade moral e ética está cos lingüistas, como Fernando Venâncio se declara. Pero non contento con iso, opina que é inviable e indesexable a introdución do portugués na Galiza, curiosamente a realidade actual galega demostra o contrario e pois neste momento xa hai máis de 5000 estudantes de portugués na Galiza (fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40038), e continúa a crecer polos máis variados motivos (escolares, políticos, sociais, laborais, culturais...), pero fundamentalmente pola aplicación da Iniciativa Popular “Valentín Paz Andrade” convertida en lei autonómica galega (ver: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140408/AnuncioC3B0-310314-0001_pt.html).

O capítulo once titúlase “Aproveitando o português” e inicia coa afirmación de que os españois a escribir en portugués só producen “desgraças” (Venâncio, 2020, p. 208), acusando os reintegracionistas galegos radicais, sen explicar exactamente quen son en concreto, de borrar o galego e criticando a lexislación galega por declarar o portugués fonte lexical privilexiada e logo non indicar un aproveitamento sistemático e criterioso. Segundo este autor o reintegracionismo galego, citando a Carlos Garrido, propón a substitución do léxico galego polo do portugués, algo que non é ben así (cf. Fagim, 2001), e a continuación presenta a súa proposta para o léxico galego, xa publicada na revista Grial en 2010 (Venâncio, 2010):

  1. Privilexiar vocabulario común entre galego e portugués (ex. olhar en vez de mirar).

  2. Limitar a semántica española (ex. continuar en vez de seguir).

  3. Adaptar ao galego creacións portuguesas sobre bases patrimoniais (ex. meiguice).

E logo e por fin refire a tensión entre autonomistas e reintegracionistas na Galiza, nun escenario de interferencias de castelanismos. Seguidamente contrapón a perspectiva de Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor na Universidade da Coruña e lingüista, para quen o galego é parte do sistema lingüístico portugués. E contrariamente á proposta de Fernando Venâncio de 2010 afirma despois que a substitución do galego polo portugués (redentor do galego), defendida segundo el por lingüistas portugueses como Rodrigues Lapa, é unha tese ideolóxica e corruptora de acordo cunha “ortodoxia radical reintegracionista”, que sería desastrosa para o portugués.

No ano 2008 creouse a AGAL (“Academia Galega da Língua Portuguesa”), presidida por José Martinho Montero Santalha. A AGAL entende que o galego é unha modalidade da lingua portuguesa, que o galego é o portugués da Galiza, que galego e portugués son a mesma lingua. Subliñar que o acordo ortográfico da lingua portuguesa de 1986 foi rexeitado no Brasil pero aceptado na Galiza, como así tamén o acordo de 1990 hoxe en vigor. Pero todo isto é cualificado por Fernando Venâncio (2020, p. 217) de servilismo portugués dos lusistas galegos, dando o exemplo do PGL (“Portal Galego da Língua”) e acusando o reintegracionismo galego de “impreparação linguística” e de excluídos polo establishment autonómico galego por seren considerados antisistema e opositores ao cadro político e legal vixente. Parece Venâncio condenar o dereito á disidencia e discordiancia nunha sociedade dita democrática.

O capítulo 12 titúlase “o desfiguramento pelo espanhol” e analiza a división no reintegracionismo entre a AGAL (“Associaçom Galega da Língua”, ver: https://a.gal/) e a AEG (“Associaçõm de Estudos Galegos, ver: https://www.aeg.gal/). Venâncio (2020, p. 221) volta a repetir o argumento de que se o galego abraza o portugués recastelanízase, e ve iso como algo moi negativo. Tamén repite que o reintegracionismo galego non ten proxecto lingüístico, que é só activismo ideolóxico, valora como útil a norma AGAL do galego, pero desgaleguiza o galego, substitúeo polo portugués padrón. É esta unha interpretación confusa e chea de xuízos de valor subxectivistas. Para xustificar o seu xuízo utiliza o exemplo de José Saramago, que viviu nas Canarias desde 1993 e que nos seus romances deteriora a calidade do portugués (ex. utiliza estupendo en vez de óptimo). Esta visión é ao meu entender purista, conxeladora, redutora e negadora da dinámica histórica de todas as linguas, que é eminentemente intercultural e interlinguística.

Venâncio (2020, p. 224) acusa a “Academia Galega da Língua Portuguesa” de criar desorde lingüística e perturbación, pero tamén di que “Ponte nas Ondas” (asociación sociopedagóxica galega recoñecida pola UNESCO como exemplo de boas prácticas do patrimonio cultural inmaterial en novembro de 2022) non funciona en Portugal, algo absolutamente falso e resultado dunha ignorancia atrevida (ver: https://pontenasondas.org/). E se anteriormente tiña dito que a AGAL non tiña proxecto lingüístico, máis adiante di o contrario: “...os reintegracionistas alimentan um projeto linguístico para a Galiza. É um projeto irrealista, irresponsável, envolto em enigmas e nunca deveras definido e assumido, mas factual” (Venâncio, 2020, p. 225).

Pregúntome desde unha perspectiva científica antropolóxica relativista e de anti-anti-reintegracionismo galego-portugués, é irresponsable ensinar e aprender a lingua dos veciños? Máis ben podemos pensar o contrario, é un exercicio de interculturalidade e de aproximación empática necesaria para construír un mundo de paz e en paz, un mundo solidario e afable.

Pero Venâncio (2020, p. 225 e ss.) continúa coa súa misión propagandística, isto é, en vez de explicar os feitos, os axentes sociais e os significados das accións sociais, xulga pexorativamente a realidade e non comprende e interpreta o seu sentido para os axentes sociais que xogan nese escenario social. El segue no seu texto acusando os reintegracionistas de “militantes”, “hiperlusistas” e de afán diferencialista do español (algo que avaliou previamente o autor como positivo nalgunhas partes do seu longo libro - ensaio). Di Venâncio que os reintegracionistas realizan tentativas desaxeitadas de imitar o portugués, que teñen unha obsesión ortográfica, que insisten na unidade lingüística de galego e portugués sen nada para ofrecer. E nesta escrita combativa e por momentos ofensiva, critica a perspectiva de Celso Álvarez Cáccamo, para quen galego e portugués son o mesmo idioma e o mesmo sistema lingüístico e a súa delimitación unha construción teórica (cf. Álvarez Cáccamo, 1999).

O texto de Venâncio continúa a derrapar por afirmacións como que o galego ten máis diferenzas aínda co portugués non europeo, algo que é máis do que cuestionable. E volta a acusar os reintegracionistas de que investigan pouco, de que deforman a realidade, de que idealizan o portugués como idioma sen españolismos, de que os textos escritos polo grupo GALABRA da Universidade de Santiago de Compostela non teñen valor, e de que a norma AGAL é unha “...descaraterização espanhola do portugués perpetrada por galegos...” (Venâncio, 2020, p. 241). Na súa bipolaridade e como penitencia afirma Venâncio (2020, p. 242): “O português é a língua estrangeira mais acessível, e imensamente útil, ao falante do galego”.

O capítulo 13 titúlase “a originalidade do português” e nel tenta mostrar unha certa identidade lexical exclusiva para o portugués (ex. lavoura, odor, olival, devessa, corrimão, penteado, roteiro...). Pero claro as súas fraquezas de argumento son evidentes por descoñecemento da realidade social do galego e as súas falas. Todo ese léxico existe en galego como se pode comprobar en calquera dicionario e tamén na fala. Ten o autor moitas lagoas no ámbito etnolingüístico galego, pero tamén trasmontano, ámbito que exemplifica moi ben o contínuum lingüístico galego-portugués. Pero tamén mostra como de 1750 a 1950 o portugués de Portugal recibiu moita influencia francesa, e a partir de 1950 do inglés (Venâncio, 2020, p. 252-253).

O capítulo 14 (“Higienismo e aldrabices”) critica a banalización da lingua e tamén perspectivas como a de Adalberto Alves que sinala que o portugués procede do árabe e fenicio e non do galego. E o capítulo 15 (“Um idioma em circuito aberto”) é o último e fecha o libro cunha crítica da confusión portuguesa entre nacionalidade e lingua e unha defensa, apoiada en Eduardo Lourenço, de que a pertenza da Galiza á CPLP é algo matricial. Tamén di Fernando Venâncio que Galiza sobrevive en Portugal diluída culturalmente (Venâncio, 2020, p. 282), que a cuestión galega é unha cuestión nacional e non rexional, pero tamén unha cuestión portuguesa, e que falta diálogo entre o reintegracionismo galego e a lingüística portuguesa. O libro conclúe co recoñecemento de que os galegos en xeral coñecen, recoñecen e comprenden o portugués falado e escrito mellor do que os portugueses o galego.

Disonancias cognitivas na obra de Fernando Venâncio

Ao longo da obra analizada, o autor utiliza argumentos contraditorios e en algúns casos pouco ou nada fundamentados cientificamente. A continuación vou facer unha lectura crítica paralela da obra de Fernando Venâncio destacando erros de mirada e de feito, que demostran estar pouco informado e que do punto de vista científico deben ser criticados, eles son os seguintes:

  1. O estado español moderno non existe desde 1650 (Venâncio, 2020, p. 35), este só existe desde o século XIX coas constitucións liberais e a organización estatal de España.

  2. O castelán era un idioma que non naceu no centro peninsular, naceu no norte peninsular (Burgos-Santander...) e xa se impuxo a todos os reinos “hispánicos” como lingua da política e da administración por parte dos Reis Católicos, aínda que a súa imposición non esmagase de todo as outras linguas peninsulares ou só algunhas como o asturiano-leonés-mirandês.

  3. No capítulo noveno (Venâncio, 2020, p. 181) chega a afirmar que hai un distanciamento do portugués fronte ao galego no relativo aos adverbiais regresivos, pero logo os exemplos que coloca presentan varios problemas. Un é que as palabras galegas son utilizadas tamén en portugués, especialmente nas variantes dialectais de Trás-os-Montes e Alto Douro. Outro é que o léxico portugués seleccionado (ex. herança) tamén se utiliza secularmente en moitas zonas da Galiza.

  4. O argumento de que o aproveitamento feito pelo galego do léxico español distancia e distingue o galego do portugués é cando menos que discutible, pois o portugués fai o mesmo e entón ambos non se diferenciarían niso senón que se aproximarían e serían co-responsables da mesma “irresponsabilidade”?.

  5. O autor chega a afirmar (Venancio, 2020, p. 182) como exemplo de diferenciación luso/galega algunhas expresións portuguesas que si se usan en galego habitualmente. Son escollas como “Dir-se-ia que choveu” e “Ele ter-se-ia enganado?” que se utilizan todos os días no galego vernáculo.

  6. Na páxina 185 afirma “A língua galega desconhece, pois, estas oposições, e outras de igual teor, que o português faz”. Fala da lingua galega como se fose un corpo orgánico autónomo separado do social e dos seus falantes. Reduce e simplifica o fenómeno acusando implicitamente a todos os galegos de descoñecer o portugués de Portugal, algo que é falso ou máis ben o contrario, os galegos coñecen mellor o portugués do que os portugueses o galego (Carvalho Calero, 1990; Fagim, 2001; Taibo, 2015; Pereiro, 2016; Neves, 2016; Villares, 2022 Freixeiro Mato, 2023). É máis, algúns dos mellores lingüistas da filoloxía portuguesa son galegos, tendo estes un grande prestixio internacional no seu campo de estudos, e non vou citar nomes porque son moitos e corro o risco de deixar de fora algún.

  7. Na páxina 186 o autor parece esquecer que galego, vasco, catalán, asturiano, etc. son tamén linguas oficiais do estado español, aínda que con diferentes estatutos de co-oficialidade. Na mesma páxina utiliza frases que segundo el se falan e escriben diferente en Portugal-Galiza e Brasil, cando en realidade non é así e se utilizan indistintamente na Galiza. O autor presenta un certo descoñecemento dos mapas etnolingüísticos do galego, pero sobre todo adopta implicitamente un esquema de pensamento ideolóxico etnocéntrico e imperialista portugués, segundo o cal o portugués de Portugal e a súa evolución deben ser os marcos de referencia de todas as variedades da lingua portuguesa (ex. Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, Moçambique, Angola, Timor Leste, Galiza...). Isto é moi común en certos sectores sociais portugueses que interpretan as outras formas de falar e escribir portugués non só como diferentes, senón arcaicas, ancestrais, e polo tanto primitivas, ilexítimas e menos evolucionadas. Esta visión ideolóxica evolucionista obedece a un complexo de superioridade idiomática fronte a outros pobos e nacións que tamén falan portugués, e non digamos xa en relación a Galiza e o galego. Pero tamén a unha visión patrimonialista e soberanista, segundo a cal o portugués só lles pertence aos portugueses e só deben ser eles a marcar a norma, a pesar de ser unha minoría no ámbito da lusofonía. Viuse iso moi ben no proceso de negociación e aplicación do Acordo Ortográfico da lingua portuguesa, que motivou moitas resistencias en Portugal, ancorándose nun tribalismo e esencialismo de tintes patrimonialistas e tradicionalistas, ignorando ou parecendo restar importancia ás diversas mudanzas ocorridas ao longo da historia da lingua portuguesa.

  8. Na páxina 187 nega que se diga en galego “é que...” (ex. Onde é que vives?), algo que é froito do descoñecemento e da falta de traballo de campo serio na Galiza.

  9. Na páxina 203 reproduce o tópico estereotipado de que Galiza é fornecedora de políticos de dereita para España. A ignorancia é atrevida e o descoñecemento maior (ex. Pablo Iglesias, fundador do PSOE, era do Ferrol, Yolanda Díaz de Sumar, também).

  10. Na páxina 204 ignora que o galego é tamén unha lingua do estado español, con recoñecemento de dereito de uso en varias instancias de España e do estado central (ex. no Congreso, no Senado e na administración pública) e non unicamente na Galiza (comunidade autonómica).

  11. Na páxina 217 confunde lusistas con reintegracionistas galegos, cando non é exactamente o mesmo.

Conclusións: Outras miradas son posibles sobre o sistema lingüístico galego-portugués

A diferenza da recente postura de Fernando Venâncio, outros lingüistas portugueses e galegos entenden e demostran con boas evidencias científicas que o galego pertence ao sistema lingüístico galego-portugués, portugués, luso, luso-galego, lusófono, lusitano ou lusitanista segundo a diversidade de miradas teóricas, e situándonos máis alén dos debates nominalistas.

Un bon exemplo desta liña de pensamento é Celso Alvarez Caccamo (1999), un dos lingüistas que con máis claridade e pedagoxía crítica vai afirmar esa idea forza da unidade estrutural da lingua galego-portuguesa. Segundo el é lexítimo considerar que a lingua galega é parte da lingua portuguesa, como tamén o contrario, considerar esta como lingua independente. Desde esta postura relativista Álvarez Cáccamo sinala os criterios de distinción científica, pero tamén social e política como bases da construción do que eu diría unha versión normativa e oficial da lingua galega, que non podemos confundir con fala ou falas. E cal é a proposta deste sociolingüista? Pois ben é a seguinte:

  1. A escrita do galego con ortografía portuguesa debe considerarse válida.

  2. O acordo ortográfico do portugués de 1990 é útil para asumirse no galego.

  3. A grafía portuguesa é un instrumento para recoñecemento do galego por outros lusófonos.

  4. A escrita “oficialista” do galego diferencia-se do portugués padronizado e parece un español fonémico.

  5. A representación ortográfica fonémica da fala é un mito e tamén que a escrita ortográfica oficialista do ILG e a RAG reflicten mellor a fala galega popular.

  6. É falso o argumento de que un estudante galego non sabería pronunciar o idioma galego con ortografía portuguesa. No Xapón hai catro normas para escribir xaponés e son un dos países máis alfabetizados do mundo.

  7. É posible manter a diferenza galega na fala e na escrita con ortografía portuguesa.

A súa proposta está asociada tamén a unha crítica do proceso de institucionalización da lingua galega, que considera un proceso de pulcritude e de desinfección de marcas simbólicas identitarias tradicionais estigmatizadas (ex. seseo, nasalizacións, variantes lexicais e morfolóxicas compartidas co portugués, etc.). Por iso a construción do mercado lingüístico do galego é submiso do español e representa segundo este lingüista: a) unha incomprensión dos lingüistas lusistas; b) un “cognicidio” que responde a intereses máis políticos que científicos; c) unha división interesada de variedades lingüísticas; d) unha glorificación das políticas lingüísticas autonómicas.

Na miña perspectiva trátase de facer a través da lingua, instrumento político identitario de diferenciación por excelencia, que os galegos non parezan portugueses e si españois, pois é o estado español no cal está integrada a Galiza. É dicir, é unha cuestión de identidade colectiva nacional e non unha cuestión de outro tipo. Ademais, esta perspectiva de finais dos anos 1990, estivo en mutación matizada, como as propias dinámicas das linguas e na actualidade a Iniciativa Popular Valentín Paz Andrade está a ter moito interese e adhesión por parte das escolas galegas, e por outro lado os países lusófonos son máis levados en serio como mercados económicos moi importantes. Detrás dunha lingua hai unhas elites e un poder económico, e é iso o que está en cuestión tamén agora.

Pero neste escenario de debates e perspectivas hai unha terceira liña de pensamento, que paso a explicar tomando como referencia dous lingüistas moi importantes no panorama cultural da galegolusofonía, un galego e un portugués. En primeiro lugar o lingüista galego, autonomista e non reintegracionista, Henrique Monteagudo (2017), quen conclúe que galego, portugués e brasileiro son subsistemas lingüísticos, de un sistema lingüístico común, que tivo a súa orixe no galego-portugués medieval, pero que na actualidade presentan diferenzas, como sería de esperar polas súas evolucións históricas diferentes, ata o punto de poder considerarse linguas independentes.

De xeito semellante, o lingüista portugués Marco Neves (2016) presenta unha perspectiva moi parecida. Segundo Neves os portugueses son simplistas e incapaces de diferenciar as diferentes linguas do estado español e para eles todo é español - castelán. Xuntando prexuízo e descoñecemento, os portugueses acostuman pensar xeralmente que España é monolingüe, así como os españois pensan que na Franza só se fala francés, no Reino Unido só inglés ou na Italia só italiano. Esta incapacidade para recoñecer a diversidade lingüística ten varias xustificacións. En primeiro lugar, para os portugueses lingua coincide con estado-nación e forman moitas fronteiras nos ouvidos e nas súas mentes.

Por outro lado, Neves (2016) afirma que a interferencia do castelán nas outras linguas de España non axuda a facer a distinción entre linguas, e que na Galiza un portugués pode falar portugués tranquilamente pois vai ser ben entendido. Para el, portugués, galego e brasileiro poden ser consideradas variedades da mesma lingua, pero en Portugal ollan para esas lingüísticas con “pedras na mão”, con un sentimento tribal e unha actitude escatolóxica. Para dar a volta a iso, Marco Neves propón que os portugueses se abran máis ao galego e ao brasileiro, que deixen de os ver como ameazas. A lingua portuguesa aproxímanos dos galegos, non nos separa di Marco Neves (2016).

Mais, nun artigo publicado no seu blog un ano máis tarde en 2017 (ver: https://certaspalavras.pt/o-galego-e-o-portugues-sao-a-mesma-lingua/) responde que galego e portugués son linguas moi próximas pero linguas diferentes en realidades sociopolíticas diferentes, é dicir, o galego é o veciño do Norte ou do “sotão” como el afirma nos seus traballos. É como se fose da familia pero non vive na mesma casa, ou en terminoloxía antropolóxica, é da familia pero non do mesmo grupo doméstico (residencia baixo o mesmo teito). É esta unha forma defensiva de “fronteirizar”, un medo da historia e unha desconfianza do presente e do futuro que parece infranqueable.

Parecera como que non se supera facilmente a “galegofobia lusa” propia do século XIX, que viña do tempo dos “Filipes”, e que vigorou en Portugal ata 1936 segundo Carlos Pazos (2016, p. 46 e ss.), segundo a cal a imaxe do galego tiña unha función xocosa, de escarnio público, discriminatoria, marxinalizadora e con marcas de xenofobia. Os motivos desta imaxe hai que situalos segundo Carlos Pazos na orixe humilde dos galegos emigrados en Portugal, no seu traballo en profesións menos prestixiadas e prestixiantes, e na sospeita de pertencer ao bando do natural inimigo, España.

Só a partir de mediados do século XIX é que se comeza a construír un imagotipo de afinidade luso-galega liderado por galeguistas como Teófilo Braga, Leite de Vasconcelos, Oliveira Martins ou Alexandre Herculano (Pazos-Justo, 2016, p. 52). Este imagotipo diferencia Galiza de Espanha e de Castela, e cría un vínculo entre Portugal e Galiza con base na lingua, na alma, na etnia, no pasado histórico, na paisaxe e outros elementos diacríticos da identidade considerada común.

Por exemplo, Leite de Vasconcelos di en 1888 que entre o portugués e o galego hai un “íntimo parentesco” e que son “co-dialectos” de un mesmo idioma. Alexandre Herculano chega a dicir nunha carta ao historiador galego Benito Vicetto que “Galiza deu-nos população e língua” e que o portugués é un dialecto do galego, civilizado e perfeccionado. O historiador Oliveira Martins afirmou en 1879 que Portugal e Galiza eran o mesmo pobo, que tiñan a mesma lingua e o mesmo sangue (De Oliveira Martins, 2018). Así se contrapón o imagotipo negativo, aínda non superado hoxe en día no meu entendemento debido ao fantasma españolista e iberista (Lourenço, 1988).

E lonxe do que puidera parecer, este imagotipo de afinidade non é só unha cousa de intelectuais, senón que é algo que tamén se popularizou por certos ámbitos sociais. Nun guía turístico sobre a Galiza datado do 1912 dise o seguinte:

Forman la Galicia del Sur (Pontevedra-Orense) y el Portugal del Norte una sola entidad étnica, por más que pertenezcan a dos naciones diversas y bien halladas con su senda autonomía (Maxtor, 2003, p. 25).

Unidas espiritualmente continúan las gentes de ambas riberas del Miño, y en la parte meridional de Galicia perdura el nexo que ha impedido e impedirá siempre el divorcio efectivo entre las dos naciones peninsulares (Maxtor, 2003, p. 27).

A partir de 1916 intensificáronse as relacións luso-galegas e o galeguismo histórico aproximarase da “renaixença portuguesa” (ex. Teixeira de Pascoães, Rodrigues Lapa e Júlio Dantas) e incidirán máis na “saudade” como elemento de identidade galego-portuguesa (Pazos-Justo, 2016, p. 64). Algúns xornais portugueses como o “Diário da Manhã” e “O Século” afirman que Galiza é unha parte de Portugal baixo o xugo de Castela. Galiza é a “Alsacia portuguesa” dirá Jaime Cortesão (citado en Pazos-Justo, 2016, p. 72) e tamén Teixeira de Pascoães (Villares, 2017, p. 95). A lusofilia dos galeguistas será interrompida en parte pola guerra civil española (1936-1939) e a posterior represión, e o desinterese de Portugal pola Galiza durará ata ben recentemente (Medeiros, 2006; Pazos-Justo, 2016).

Na actualidade, para certos grupos portugueses a Galiza e o galego colocan en causa a narrativa e o relato nacionalista da invención da nacionalidade portuguesa, polo que hai bastante receo en asumir o galego como parte do sistema lingüístico e cultural lusófono ou galego-portugués. Por outro lado, o portugués e Portugal cuestionan o diferencialismo lingüístico e cultural defendido por certas elites centrais no sistema lingüístico, cultural e político galego, xerándose desconfianzas e resistencias autonomizadoras que afastan máis do que aproximan Galiza e a lingua galega do mundo, que xeran malentendidos e máis prexuízos e non interseccionalidades e intercomprensións mutuas. Dito en palabras de Gabriel Magalhães:

La península ibérica debería ser un lugar en que cada idioma se abrazase a los demás, sin que ello supusiera el estrangulamiento de ninguna de nuestras lenguas... atrevámos a dejar atrás el trauma ibérico. No recelemos del idioma del otro, como si fuera un enemigo nuestro, una amenaza a nuestras propias palabras. No seamos mezquinos, considerando que no es útil aprender esas lenguas, cuando, en realidad, todoas ellas contienen indiscutibles hermosuras (2023, p. 242).

Referencias Bibliográficas

Alvarez Caccamo, Celso. (1999). O galego fronte ao português ou a lógica da diferença, in Camilo Fernández (ed.), A lingua e a literatura galegas nos alicerces do Terceiro Rexurdimento (1976-2000)/La llengua i la literatura gallegues als inicis del Tercer Ressorgiment (1976-2000) (pp. 43-49). Terrassa, Catalunya: Xunta de Galicia/Amics de les Arts i Joventuts musicals de Terrassa/UNED-Terrassa. Dispoñible en: https://www.academia.edu/es/971111/O_galego_fronte_ao_portugu%C3%AAs_ou_a_l%C3%B3gica_social_da_diferen%C3%A7a-Links ]

Barlett, Tom & O´Grady, Gerard (eds.). (2017). The Routledge Handbook of Systemic Functional Linguistics. Londres, Reino Unido: Routledge. [ Links ]

Calderón de la Barca, Pedro. (1684). Luis Pérez el gallego. Madrid, España: Francisco Sanz. Dispoñible en: https://www.cervantesvirtual.com/obra/luis-perez-el-gallego--0/ Links ]

Cairo Carou, Heriberto (ed.). (2018). Rayanos y forasteros: fronterización e identidades en el límite hispano-portugués. Madrid, España: Plaza y Valdés. [ Links ]

Carvalho Calero, Ricardo. (1990). Do galego e da Galiza. Santiago de Compostela, Galiza: Sotelo Blanco. [ Links ]

Coseriu, Eugen. (1981). Lecciones de linguística general. Madrid, España: Gredos. [ Links ]

Costa, Daniel. (2023). Português do Brasil “é língua oficial de Portugal” e sobrepõe-se à nossa “frigidez sonora”. ZAP.aeiou, 9-02-2023. [ Links ]

De Oliveira Martins, Joaquím Pedro. (2018, or. 1879). Historia de la civilización ibérica. Pamplona, España: Urgoiti editores. [ Links ]

De Swaam, Abram. (2001). Words of the world: the global language system. Malden (Massachussets), Estados Unidos da América: Polity Press. [ Links ]

Dias, Adamir & Tender, Manuela (coord.). (2005). Dicionário de Trasmontanismos. Chaves, Portugal: Associação Rotary Clube de Chaves. [ Links ]

Domínguez, Luis. (2004). Galiza, Norte de Portugal: duas regiões, uma euro-região construindo a Europa dos cidadãos. Vigo-Porto, Galiza e Portugal: Eixo Atlântico. [ Links ]

Fagim, Valentim. (2001). O galego (im)possível. Santiago de Compostela, Galiza: Laiovento. [ Links ]

Fagim, Valentim. (2009). Do ñ para o nh. Santiago de Compostela, Galiza: Através editora. [ Links ]

Freixeiro Mato, Xosé Ramón. (2023). A estrela que nos guía. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro. Santiago de Compostela, Galiza: Fundación Moncho Reboiras. [ Links ]

García González, Marcos. (2012). Como somos vistos em Portugal? A visão da Galiza através dos visitantes portugueses, in UDC (ed.), Novas achegas ao estudo da cultura galega II (pp. 45-52). A Coruña, Galiza: Universidade da Coruña. [ Links ]

Godinho, Paula; Carou, Heriberto & Pereiro, Xerardo (coords.). (2009). Portugal e Espanha - Discursos de centro, memórias e práticas de fronteira. Lisboa, Portugal: IELT (Instituto de Estudos de Literatura Tradicional) - Edições Colibri. [ Links ]

González Alcantud, José Antonio & González Velasco, Pablo (coord.). (2022). El nuevo iberismo. Una invitación a redescubrir Iberia. Córdoba, España: Editorial Almuzara. [ Links ]

Halliday, M.A.K. & Webster, Jonathan .J. (eds.). (2009). Continuum Companion to Systemic Functional Linguistics. Londres, Reino Unido: Continuum. [ Links ]

Henriquez Salido, Maria do Carmo. (2021). O galego-português, Matriz do mundo lingüístico Luso-brasileiro. Caplletra, 71, 57-94. https://doi.org/10.7203/caplletra.71.21032 [ Links ]

Lourenço, Eduardo. (1988). Nós e a Europa: Duas razões. Lisboa, Portugal: Imprensa Casa da Moeda. [ Links ]

Magalhães, Gabriel. (2023). El país que nunca existió. Pasado, presente y futuro de la península Ibérica. Barcelona, Catalunya: Elba. [ Links ]

María, Manuel. (2010). Galiza. Lugo, Galiza: Fundación Manuel María de Estudos Galegos. [ Links ]

Mariño Ferro, José Ramón. (2009). Lazos entre as culturas tradicionais galegas e portuguesas, in Joaquim Melo (ed.), O pensamento luso-galaico-brasileiro (1850-2000). Atas do I Congresso Internacional (pp. 241-261), vol. 2. Lisboa, Portugal: Imprensa Nacional da Casa da Moeda. [ Links ]

Martínez Lema, Paulo. (2018). Toponímia e fonética histórica no domínio galego-português: notas para uma linha de trabalho. Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], 40, 7-36. Dispoñible en: https://www.raco.cat/index.php/Estudis/article/view/98568 Links ]

Maxtor (ed.). (2003, or. 1912). Mondariz-Vigo-Santiago. Guía del Turista. Madrid, España: Editorial Maxtor. [ Links ]

Medeiros, António. (2006). Dois lados de um rio: Nacionalismo e etnografias na Galiza e em Portugal. Lisboa, Portugal: ICS. [ Links ]

Monteagudo, Henrique. (2017). A lingua no tempo, os tempos da lingua. O galego, entre o portugués e o castelán, in Marta Negro Romero; Rosario Álvarez Blanco & Eduardo Moscoso Mato (coord.), Atas do III Congreso Internacional de Linguística Histórica. Gallaecia, Estudos de linguística portuguesa e galega (pp. 17-60). Santiago de Compostela, Galiza: Universidade de Santiago de Compostela. [ Links ]

Neves, Marco. (2016). Doze segredos da língua portuguesa. Lisboa, Portugal: Guerra e Paz. [ Links ]

Núñez Seixas, Xosé Manuel. (1993). Portugal e o Galeguismo até 1936. Algumas considerações Históricas. Penélope, 11, 67-81. [ Links ]

Núñez Seixas, Xosé Manuel. (2001). De Breogán a Pardo de Cela, passando por América: Notas sobre la imaginación del nacionalismo gallego. Historia Social, 40, 53-78. [ Links ]

Pazos-Justo, Carlos. (2016). A imagem da Galiza em Portugal. De João de Redondela a Os galegos são os nossos irmãos. Santiago de Compostela, Galiza: Através editora . [ Links ]

Pensado Tomé, José Luis. (1985). El Gallego. Galicia y los Gallegos a través de los Tiempos (Ensayos). A Coruña, Galiza: Biblioteca Gallega. [ Links ]

Pensado Tomé, José Luis. (1991). Galicia en su lengua y sus gentes. A Coruña, Galiza: La Voz de Galicia. [ Links ]

Pereiro, Xerardo & Silva, Pedro. (2000). A re-elaboração da História como recurso estratégico na construção das Identidades: Historiografias e Fronteiras, in Angel Espina Barrio (org.), Actas do V Congresso internacional de Antropologia de Iberoamérica (pp. 85-96). Salamanca, España: Universidade de Salamanca. Dispoñible en: http://ulefhp.unileon.es/documentos/Publicaciones_investigadores/Pereiro_2000.pdf E tamén en: https://www.academia.edu/83723587/A_Re_Elabora%C3%A7ao_Da_Historia_Como_Recurso_Estrat%C3%A9gico_Na_Constru%C3%A7%C3%A3o_Das_Identidades_Historiografias_e_Fronteiras Links ]

Pereiro, Xerardo; LLana, César & Risco, Luis (coords.). (2008). As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e Espanha. Vila Real, Portugal: UTAD. Dispoñible en: http://hdl.handle.net/10348/4259 Links ]

Pereiro, Xerardo. (2016). Turistas portugueses na Galiza: Imagens e relatos pós-experienciais”, in Juan Manuel Trillo Santamaría e Pires, Iva(coord.), Las fronteras en la investigación peninsular: temáticas y enfoques contemporáneos (pp. 161-181). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Dipoñible en: http://hdl.handle.net/10348/7305Links ]

Quiroga, Carlos. (2016). A imagem de Portugal na Galiza. Santiago de Compostela, Galiza: Através editora . [ Links ]

Risco, Vicente. (2000, or. 1920). Teoría do nacionalismo galego. Santiago de Compostela, Galiza: Sotelo Blanco . [ Links ]

Rodríguez Cruz, José & Lourenço Fontes, António. (2004). Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. Vigo, Galiza: Ir Indo. [ Links ]

Samartín, Roberto & Pazos-Justo, Carlos (eds.). (2019). Portugal e(m) Nós. Contributos para a compreensão do relacionamento cultural galego-português. Famalicão, Portugal: Edições Humus. [ Links ]

Sánchez Rei, Xosé Manuel. (2022, or. 2021). O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais. Santiago de Compostela, Galiza: Laiovento . [ Links ]

Taibo, Carlos. (2015). Comprender Portugal. Madrid, España: Los Libros de la Catarata. [ Links ]

Thompson, Geoff; Bowcher, Wendy L.; Fontaine, Lise; & Schönthal, David (eds.). (2019).The Cambridge Handbook of Systemic Functional Linguistics. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. [ Links ]

Torres Feijó, Elias & Sanmartim, Roberto. (2018). Sobre conflito linguístico e planificação cultural na Galiza contemporânea. Dez contributos. Santiago de Compostela, Galiza: Através editora . [ Links ]

Torres Feijó, Elias José. (2019a). Galeguismo precário e Portugal. Santiago de Compostela, Galiza: Andavira. [ Links ]

Torres Feijó, Elias José. (2019b). Portugal para quê? Seis marcos no relacionamento galego-português. Santiago de Compostela, Galiza: Andavira . [ Links ]

Venâncio, Fernando. (2010). Uma proposta portuguesa para o léxico galego. Grial - Revista Galega de Cultura, 186, 102-107. [ Links ]

Venâncio, Fernando. (2020, or. 2019). Assim nasceu uma língua. Sobre as origens do português. Lisboa, Portugal: Guerra e Paz . [ Links ]

Villares, Ramón. (2017). Identidade e afectos patrios. Vigo, Galiza: Galaxia. [ Links ]

Villares, Ramón. (2022). Galiza. Terra irmã de Portugal. Lisboa, Portugal: Fundação Francisco Manuel dos Santos. [ Links ]

Villares, Ramón. (2023). Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira. Vigo, Galiza: Galaxia . [ Links ]

11. O Centro em Rede de Investigação em Antropologia é uma unidade interuniversitária que existe desde 2007 como unidade de I&D da FCT e foi classificada com Muito Bom nas avaliações internacionais de Unidades de I&D de 2007, 2013 e 2017. Desde 2021, é um Laboratório Associado do Estado através da sua participação no consórcio IN2PAST - Laboratório Associado para a Investigação e Inovação em Património, Artes, Sustentabilidade e Território. Financiado pela FCT, I. P. (UIDB/04038/2020 e UIDP/04038/2020).

Received: September 29, 2023; Accepted: November 28, 2023

Correspondence to: Xerardo Pereiro Email: xerardopereiro@utad.pt

Creative Commons License This is an open-access article distributed under the terms of the Creative Commons Attribution License